lemos a Curros (+0'25)

Na chegada a Ourense da primeira locomotora (Aires da miña terra , 2ª edición,1881)

Re: Na chegada a Ourense da primeira locomotora (Aires da miña terra , 2ª edición,1881)

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0
Xenial, Ramón! É un poema de temática inequivocamente progresista (é dicir, celebra o progreso da sociedade e das súas invencións que melloran a vida das persoas... neste caso, o ferrocarril fai que as galegas/os puidesen ter mellor rede de transporte/comercio). Por certo, é totalmente real que o primeiro tren galego chegou a Ourense en 1881: https://www.laregion.es/articulo/la-revista/dia-ferrocarril-llego-ourense-obispo-marcho-airado/20160602145601625775.html
 
Aínda poderiamos comentar como, ao tempo que se alaba a chegada do tren, faise unha crítica aberta á Igrexa por anticuada e por non traer nada bo novo a este mundo: os "abades e cregos" da cuarta estrofa que di que non veñen detrás da locomotora, ou o chamamento a que toquen as campás na catedral e que polo menos vallan para algo (á que chama, por certo, "demagogo de pedra" xd). Ollo ao cervo cultural-relixioso que había na época... e pesar de ter un ton anticlerical, as exaxeracións/hipérboles que se fan co tren son de índole relixiosa, como ti dis haha.
 
O río ao que se refire na séptima estrofa é o Miño, que pasa por Ourense.
 
PD: é este un dos poemas máis recoñecidos de Curros.