lemos a Curros (+0'25)

Cántiga (Aires da miña terra, 1880)

Cántiga (Aires da miña terra, 1880)

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 1
No xardín unha noite sentada
ó refrexo do branco luar,
unha nena choraba sin trégolas
os desdéns dun ingrato galán.
I a coitada entre queixas decía:
“Xa no mundo non teño a ninguén,
vou morrer e non ven os meus ollos
os olliños do meu doce ben”.
 
Os seus ecos de malenconía
camiñaban na alas do vento,
i o lamento
repetía:
“Vou morrer e non ven ó meu ben!”
 
Lonxe dela, de pé sobre a popa
dun aleve negreiro vapor,
emigrado, camiño de América
vai o probe, infelís amador.
 
I ó mirar as xentís anduriñas
cara a terra que deixa cruzar:
“Quen pudera dar volta -pensaba-,
quen pudera convosco voar!…”
 
Mais as aves i o buque fuxían
sin ouír seus amargos lamentos;
sólo os ventos
repetían:
“¡Quen pudera convosco voar!”
 
Noites craras, de aromas e lúa,
desde entón ¡que tristeza en vós hai
prós que viron chorar unha nena,
prós que viron un barco marchar!…
 
Dun amor celestial, verdadeiro,
quedou sólo, de bágoas a proba,
unha cova
nun outeiro
i on cadavre no fondo do mar.

 

Este poema conta a historia dunha moza e dun mozo que se ven separados por mor da emigración do mozo cara fóra de Galicia (América, na terceira estrofa). Ela choraba porque non o vai o volver a ver e, mentres, o mozo miraba para atrás co desexo de poder dar volta para estar outra vez coa súa namorada.

Eu penso que ao final do poema Curros quere dar a entender que o mozo saltou do barco para alcanzar a costa mais non o logrou. Penso que quere dar a entender isto xa que, no último verso do poema, Curros di: "i on cadavre no fondo do mar", é dicir, que o mozo no momento no que desexaba volver atrás tentou chegar á costa pero ao non conseguilo... afogou.

En resposta a Usuario eliminado

Re: Cántiga (Aires da miña terra, 1880)

por Usuario eliminado -
Grande, Joni, entendiches moi ben o punto do poema! Por certo, para que saibades... este é o PRIMEIRO POEMA ESCRITO POR CURROS, EN 1869 (CANDO SÓ TIÑA, POR TANTO, 18 ANOS)!!

Historia intimista-amorosa moi dura (dúas persoas que se queren mais que se deben separar por culpa das condicións de vida) e que remata dun xeito fatal: a rapaza tolea (isto entendo eu cando se di que quedou "unha cova nun outeiro", coma se se retirase da vida en común ou así) e o rapaz naufraga (sexa porque se tirou, como dis, ou porque o barco non chegou a porto, como pasaba nalgunhas ocasións... e segue pasando cos barcos de migrantes en mal estado).
 
PD: o poema foi musicado e feito canción por varies artistas, que cambiaron o primeiro verso polo que di "Unha noite na eira do trigo", que se te fixas ten o mesmo número de sílabas (10, queda guai co ritmo-métrica), porque disque na Galiza hai máis eiras que xardíns e que a xente o ía entender mellor. Exemplo: