Como acendida lámpara en estreito
pechado camarin,
así, n'o santuario d'o meu peito
arde unha lus sin fin.
Cand'a sua llama gunizando lenta
boquea e vay morrer,
sopro de fé seu pávido alimenta
e vólvese acender.
Mais d'o meu peito n'a sinistra calma
non hay altares... Ah!
a lámpara d'o tempro d'a miñ' alma
a quén alumará?...
Si algun topás viaxeiros d' esta vida,
en que creades vós,
¡Poñeino ante esta lámpara acendida,
que está esperand' un Dios!
Este poema de Curros Enríquez pertence ao libro Aires da Miña Terra, publicado en 1880. Non temos moi claro quen ou qué é a voz poética, o que sabemos é que fala dalguén que está namorado, referíndose ao seu amor como unha luz ("Así, n'o santuario d'o meu peito, arde unha lus sin fin"), e este/a fala de cando a luz está a punto de morrer, un sopro de fé fai que volva brillar: isto pode referirse a que cando o/a namorado/a perde a esperanza no amor, a súa luz apágase, pero recupéraa dalgunha maneira...
A voz poética di que no seu peito "non hay altares", referíndose a que non ten ninguén a quen amar. Fala de como quere atopar alguén para que él/ela faga que a súa lámpada (o amor) non perda o brillo que ten ("¡Poñeino ante esta lámpara acendida, que está esperand' un Dios!"). Pode que isto tamén sexa unha referencia á morte, sendo a lámpara a alma da voz poética, e os altares refírense a que a voz poética non ten ninguén que se preocupe por él/ela incluso na morte, e quere atopar a alguén (os viaxeiros) que se preocupe por él.