Grande, Joni, entendiches moi ben o punto do poema! Por certo, para que saibades... este é o PRIMEIRO POEMA ESCRITO POR CURROS, EN 1869 (CANDO SÓ TIÑA, POR TANTO, 18 ANOS)!!
Historia intimista-amorosa moi dura (dúas persoas que se queren mais que se deben separar por culpa das condicións de vida) e que remata dun xeito fatal: a rapaza tolea (isto entendo eu cando se di que quedou "unha cova nun outeiro", coma se se retirase da vida en común ou así) e o rapaz naufraga (sexa porque se tirou, como dis, ou porque o barco non chegou a porto, como pasaba nalgunhas ocasións... e segue pasando cos barcos de migrantes en mal estado).

PD: o poema foi musicado e feito canción por varies artistas, que cambiaron o primeiro verso polo que di "Unha noite na eira do trigo", que se te fixas ten o mesmo número de sílabas (10, queda guai co ritmo-métrica), porque disque na Galiza hai máis eiras que xardíns e que a xente o ía entender mellor. Exemplo: