lemos a Curros (+0'25)

¡AI!... (Aires da miña terra, 1880)

Re: ¡AI!... (Aires da miña terra, 1880)

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0
Moi ben, Isma! Como dis na última apreciación, Curros escribiu maioritarísimamente poesía de denuncia, pero este é un dos poucos casos nos que se adentra en cuestións íntimas (de feito, é unha elexía real escrita tras a morte do seu fillo pequeno...). Tamén acertas moi ben que constrúe o poema en base ao diálogo ficticio cunha bolboreta, á que lle conta a desgraza.

- Creo que cando di "súa nai" (v. 3) se refire á nai do cativo, isto é, á parella da voz lírica (de Curros).
+ Sería interesante neste poema analizar brevemente a métrica: cada estrofa está composta por tres versos de 10 sílabas + un verso de 6 sílabas. Este contraste entre as barras de arte maior (que son máis 'narrativas': contan cousas que pasan) e as de arte menor (expresan máis sentimento en poucas palabras) provoca que se chegue máis á empatía desde o punto de vista do lectorado (estás lendo unha "crónica de sucesos" e, de repente, hai unha liña que condensa unha maior emoción (neste caso, tráxica).
 
PD: para "formatar" un poema na Aula Virtual e poñelo centrado na páxina debes seleccionalo e despois pinchar no botón que tes na táboa de axustes (moito máis sinxelo que darlle á tecla de espazo moitas veces hehe) > Por certo, a táboa de axustes amplíase se lle das ao botón superior esquerdo, na esquina (supoño que xa o sabías, pero 'porseaca'). ;)