lemos a Curros (+0'25)

¡AI!... (Aires da miña terra, 1880)

¡AI!... (Aires da miña terra, 1880)

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 1
¿Como foi?... —eu topábame fora
cando as negras vixigas lle deron;
polo aramio súa nai avisoume
                i eu vinme correndo.

¡Coitadiño! Sintindo os meus pasos,
revolveu cara a min os seus ollos.
Non me viu... e chorou... ¡ai!, xa os tiña
                     ceguiños de todo.

Non me acordo que tempo me estiven
sobre o berce de dor debruzado;
sólo sei que me erguín co meu neno
                     sin vida nos brazos...

Bolboreta de aliñas douradas
que te pousas no berce valeiro,
pois por el me perguntas, xa sabes
                      qué foi do meu neno.

 

Penso que o poema trata dun home falando cunha bolboreta (como se di na última estrofa) á que lle conta que lle pasou ao seu neno. Deste xeito, comeza o poema dicindo que foi a nai da súa moza quen llo dixo e que cando foi xunto a ela esta non o puido ver ao ter os ollos cubertos de bágoas e que, cando viu ao rapaz, estivo tanto tempo que nin el recorda tanto, cunha gran dor e tratando de asimiliar esta terrible perda e que finalmente se ergueu co rapaz nos brazos dando a entender que para despedirse del ou para sentir o seu tacto por última vez.

Inda que este poema non se corresponde ca usual temática de denuncia deste autor trátase dun poema moi triste pero moi expresivo.

En resposta a Usuario eliminado

Re: ¡AI!... (Aires da miña terra, 1880)

por Usuario eliminado -
Moi ben, Isma! Como dis na última apreciación, Curros escribiu maioritarísimamente poesía de denuncia, pero este é un dos poucos casos nos que se adentra en cuestións íntimas (de feito, é unha elexía real escrita tras a morte do seu fillo pequeno...). Tamén acertas moi ben que constrúe o poema en base ao diálogo ficticio cunha bolboreta, á que lle conta a desgraza.

- Creo que cando di "súa nai" (v. 3) se refire á nai do cativo, isto é, á parella da voz lírica (de Curros).
+ Sería interesante neste poema analizar brevemente a métrica: cada estrofa está composta por tres versos de 10 sílabas + un verso de 6 sílabas. Este contraste entre as barras de arte maior (que son máis 'narrativas': contan cousas que pasan) e as de arte menor (expresan máis sentimento en poucas palabras) provoca que se chegue máis á empatía desde o punto de vista do lectorado (estás lendo unha "crónica de sucesos" e, de repente, hai unha liña que condensa unha maior emoción (neste caso, tráxica).
 
PD: para "formatar" un poema na Aula Virtual e poñelo centrado na páxina debes seleccionalo e despois pinchar no botón que tes na táboa de axustes (moito máis sinxelo que darlle á tecla de espazo moitas veces hehe) > Por certo, a táboa de axustes amplíase se lle das ao botón superior esquerdo, na esquina (supoño que xa o sabías, pero 'porseaca'). ;)