lemos a Curros (+0'25)

O maio (Aires da miña terra, 1880)

O maio (Aires da miña terra, 1880)

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 1
Aí vén o maio
de frores cuberto ...

Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.

Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno! ...

Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá estonces
o maio que eu quero ...

Queredes castañas
dos meus castiñeiros? ...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.

 

Este poema presenta á situación do galego, e a busca dun futuro mellor. Ten unha temática costumista e, referíndome ao tema, fai un avance gradual no que a voz narradora -neste caso a dun home- se presenta de maneira pobre e fría (facendo unha metáfora co inverno, dicindo que pra el "sempre é inverno", v. 16), facendo así referencia á situación do galego naquela época, e cando di que "vén o maio" (v. 1, v. 15...) fai entender que se acerca un futuro mellor para a lingua galega, como o "aflorecemento" (v. 22) da lingua usando de metáfora os castiñeiros. Ademais, usa temas típicos da cultura galega como as meigas, etc.

Elixín este poema xa que me gustou o avance gradual pola busca dun futuro mellor.

En resposta a Usuario eliminado

Re: O Maio, Aires da Miña Terra- Manuel Curros Enríquez

por Usuario eliminado -
1. Este poema xa foi analizado na clase e, por tanto, non pode ser obxecto do voso traballo neste foro.

2. Non digo que sexa incorrecto per se o teu razoamento (no que estebeleces un paralelismo entre a pobreza real da que fala o poema e a pobreza lingüística, ou iso che entendín) pero, como xa está estudado na aula, esta é unha composición de denuncia na que Curros critica (en voz dun home pobre, iso é totalmente certo) a miseria da clase traballadora galega (campesiñado) fronte aos poderosos (representados polos "donos" do verso 18, as figuras institucionais/estatais dos "trabucos e préstemos" no v20 ou das "quintas e portas" que son nomes de impostos no v31, a Igrexa por medio do "abade" no v21 e tamén por medio do pecado das "bruxas e demos" do v28 e mesmo dos "cregos" do último verso, os traballos explotadores das "segas" no v29, e as trabas da Xustiza representadas polas "usuras e preitos" do v30). Por tanto, a temática é do rollo "antisistema" e non do "costumista" que ti dis (isto sería se só falase da paisaxe, de anécdotas de xente, de romarías, de amores...).

3. Está ben a citación que fas das meigas e a metáfora de contraste Maio vs Inverno, e tamén a idea de que o poema formúlase como un berro no que se pide un futuro mellor, "cantádeme un maio.."!