Caín tan baixo, tan baixo,
que a luz onde a min non vai;
perdín de vista as estrelas
e vivo na escuridá.
Mais, agarda… ¡O que te riches,
insensibre ó meu afán!
Inda estóu vivo…, inda podo
subir para me vingar.
Tirá pedras ó caído,
tiráille anque sea un cento;
tirá…, que cando caiades,
hanvos de facé-lo mesmo.
Este poema pertence a Follas Novas na parte ¡Do íntimo!. O texto é de índole vivencial, reflexiva e denuncia social.
O poema está posto en boca dun home, pero debe de estar expresando as vivencias de Rosalía. Fala sobre unha traizón. Comeza contando que se sentiu humillado e dolorido polo comportamento da outra persoa pero, que a pesar de todo, síntese con forza para vingarse. Ao final, a persoa traizoada dille que que se segue con esa actitude vanlle facer o mesmo.
Este poema expresa que todos os nosos actos teñen consecuencias, neste caso é que si tratamos mal a alguén non podemos esperar que nos vaian a tratar ben!