lemos a Rosalía (+0'25)

Hoxe ou mañán (Follas novas, 1880)

Hoxe ou mañán (Follas novas, 1880)

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 1
Xa nin rencor nin desprezo,
xa nin temor de mudanzas;
tan só unha sede..., unha sede
dun non sei qué, que me mata.

 

Ríos da vida, ¿ónde estades?
¡Aire!, que o aire me falta.
- ¿Qué ves nese fondo escuro?
¿Qué ves que tembras e calas?

 

- Non vexo! Miro, cal mira
un cego a luz do sol crara.
E vou caer alí en donde
nunca o que cai se levanta.

 

O poema XIII do apartado "Vaguedás" de Rosalía de Castro é moi fácil de ubicar dentro do poemario de Follas novas. Isto é debido a que nos transmite unha imaxe subxectiva e existencial da vida, pertencente á liña renovadora, unha novidade que introduciu na súa última obra en galego.

Principalmente o tema que trata Rosalía é a pregunta universal de: qué é a morte? qué encontramos ao pasar esa oscuridade?

Nos dous primeiros versos recoñece que, tras producírse a morte, non se pode sentir nin temor, nin desprezo, nin rencor... todas aquelas emocións negativas que exprerimentamos durante a vida.

Reflexiona sobre a resposta, afirmando que unha sede dun non sei qué, transmitíndo que non logra atopar unha explicación ou sentido sobre o que hai mais alá.

A última estrofa trata dun diálogo (elemento tamén característico de Rosalía) onde se pregunta ¿Qué ves nese fondo escuro? e a resposta é ¡Non vexo! Miro. Isto pode significar que por máis que poidamos mirar á morte, non chegaremos a vela; é dicir, a lograr comprendela, comparándoa con un cego que mira a luz do sol. 

Por último, os dous últimos versos continúan dicindo que, o que caia nese fondo (a morte) nunca se levanta, onde caeremos todos.

En resposta a Usuario eliminado

Re: Hoxe ou mañán (Follas novas, 1880)

por Usuario eliminado -
Boa, Ángela! Temática existencialista, desde logo. Inda poderiamos relacionar "o escuro" do que fala coa presenza constante na obra de Rosalía da "negra sombra".