lemos a Rosalía (+0'25)

Unha vez tiven un cravo (Follas Novas, 1880)

Unha vez tiven un cravo (Follas Novas, 1880)

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 1
Unha vez tiven un cravo
cravado no corazón,
i eu non me acordo xa se era aquel cravo
de ouro, de ferro ou de amor.

 

Soio sei que me fixo un mal tan fondo,
que tanto me atormentou,
que eu día e noite sin cesar choraba
cal chorou Madanela na Pasión.

 

“Señor que todo o podedes
-pedinlle unha vez a Dios-,
daime valor para arrincar dun golpe
cravo de tal condición”.

 

E doumo Dios e arrinqueino.
Mais…¿quén pensara…? Despois
xa non sentín máis tormentos
nin soupen que era delor;

 

soupen só que non sei que me faltaba
en donde o cravo faltou,
e seica…, seica tiven soidades
daquela pena…¡Bon Dios!

 

Este barro mortal que envolve o esprito
¡quen o entenderá, Señor…!

 

Este poema de Rosalía, pertencente a Follas Novas, e é de temática filosófica-existencial. O poema está no apartado de Vaguedás, un dos cinco apartados nos que divide o seu poemario. Ao igual que o resto de poemas que pertencen a Vaguedás, é de carácter intimista no que fala de sentimientos como a saudade, desacougo, angustia…

O 'eu poético' expresa a angustia ou dor que ten mediante o símbolo do cravo. Xa non recorda de onde ven esa pena e dor (“i eu non me acordo xa se era aquel cravo de ouro, de ferro ou de amor”, verso 4), pois son sentimentos acumulados ao longo do tempo que x están atormentando día e noite. Un día pídelle a Deus mediante oracións o valor para quitar o cravo, e remata por quitalo. Os tormentos e dor desaparecen, mais sentiu un baleiro moi fondo (“soupen só que non sei que me faltaba en donde o cravo faltou”). No final, refírese a Deus para dicirlle que non comprende o que lle está a pasar, non entende ao ser humano…

A dor que tiña formaba parte de vivenzas ao longo da súa vida. No momento en que quita o cravo desaparecen moitos dos seus recordos e sinte ese baleiro. O eu poético dáse conta de que prefire sentir algo a non sentir nada. Ao dicir que non soubo nin que era a dor (“nin soupen que era delor”) quere dicir que deixa de sentir todo, é unha metáfora de que non sentía nada máis que dor na súa existencia, a vida está unicamente composta por dor. Isto relacionase con moitos outros poemas de Rosalía en que ten unha visión moi pesimista da vida.

En canto á lingua, atopamos certos castelanismos (i, Dios...) e popularismos (delor, esprito...), aínda que non é un dos que teña máis trazos da "lingua rosaliana"

En resposta a Usuario eliminado

Re: Unha vez tiven un cravo (Follas Novas, 1880)

por Usuario eliminado -
Moi boa interpretación, Sara! Ben é certo que debemos distinguir o intimismo do existencialismo e decantarnos por unha das dúas: a diferenza é que o existencialismo máis profundo. Se xustificamos ben, pode ser calquera das dúas neste poema. Xenial comentado o do símbolo do cravo.

+ Aínda poderiamos analizar o papel que ten a María Magdalena no verso 8, símil relixioso que podemos vincular coa formación cristiá que de seguro recibiu Rosalía (coma todo o mundo no seu tempo: cristianismo y castellano xd).