lemos a Rosalía (+0'25)

De balde (Follas Novas, 1880)

De balde (Follas Novas, 1880)

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 1
Cando me poñan o hábito,
si é que o levo;
cando me metan na caixa,
se é que a teño;
cando o responso me canten,
si hai con que pagarlle ós cregos,
e cando dentro da cova...
¡Que inda me leve San Pedro
se só ó pensalo non río
con unha risa dos deños!
¡Que enterrar, han de enterrarme
anque non lles den diñeiro!

 

'De balde' é un dos moitos poemas que aparece en Follas Novas no apartado '¡Do íntimo!'. Neste poema, a voz poética ponnos na pel dunha persoa de poucos recursos, seguramente un campesiño -debido á linguaxe que utiliza- xa que esta voz poética está falando do día da súa morte, dicindo que aínda que non teña unha despedida feita de boa maneira, por dicilo así, vana enterrar de igual maneira, pois ricos ou pobres... morreremos todos!

Neste poema, Rosalía fai unha crítica social, dicindo que os máis ricos poden pagar un funeral con xeito, mentres que os máis pobres só os enterran, a pesar de que non teñen cartos.

En resposta a Usuario eliminado

Re: De balde (Follas Novas, 1880)

por Usuario eliminado -
Moi ben, Daniela! Xustificas a temática de denuncia. Poderías explicar cal é esa linguaxe concreta que utiliza e pola que cres que fala de alguén do campesiñado ("han de enterrarme anque non lles den diñeiro", nos dous últimos versos, por exemplo).

Castelanismos: si (se), con unha (cunha), anque (aínda que), signo de exclamación inicial
Popularismos/vulgarismos: deños (demos ou diaños), anque (aínda que)