lemos a Rosalía (+0'25)

Tal como as nubes (Follas Novas, 1880)

Tal como as nubes (Follas Novas, 1880)

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 1
Tal como as nubes que impele o vento,
i agora asombran, i agora alegran
os pasos inmensos do ceo,
así as ideas loucas que eu teño,

as imaxes de múltiples formas,
de estranas feituras, de cores incertos,
agora asombran, agora acraran
o fondo sin fondo do meus pensamento.
 
Rosalía presentanos neste poema o proceso creativo polo que pasa no momento de escribir, que non chega ao fondo dos seus pensamentos. Tamén usa de metáfora "Tal como as nubes que impele o vento..." para referirse ao rápido que pasan as súas ideas, sendo as nubes as ideas, que sendo empuxadas polo aire fai que se movan sen cesar.
En resposta a Usuario eliminado

Re: Tal como as nubes (Follas Novas, 1880)

por Usuario eliminado -
Ok, Silva! Isto é un exemplo do que se chama 'metapoesía', é dicir, reflexión sobre como se crea a propia letra. Como vemos, Rosalía reflexiona sobre as ideas que lle pasan pola propia cabeza... Poderiámolo encadrar dentro da temática intimista, xa que son pensamentos propios. Pertence á primeira parte ('Vaguedás') do FN80.