III
Paseniño, paseniño,
vou pola tarde calada
de Bastabales camiño.
Camiño do meu contento;
e en canto o sol non se esconde,
nunha pedriña me sento.
E sentada estou mirando
como a lúa vai saíndo,
como o sol se vai deitando.
Cal se deita, cal se esconde,
mentres tanto corre a lúa
sen saberse para onde.
Para onde vai tan soia
sin que ós tristes que a miramos
nin nos fale nin nos oia.
Que se oíra e nos falara,
moitas cousas lle dixera,
moitas cousas lle contara.
Este poema foi escrito pola poeta galega Rosalía De Castro na sua obra Cantares Gallegos é a terceira parte do poema 'Campanas de Bastabales'. Rosalía cóntanos unha historia en primeira persoa, a cal é unha muller que ten como destino chegar a Bastabales. A muller, de camiño, senta nunha pedra onde agarda o luscofusco e mais a chagada da lúa; cando isto sucede, mentres mira para ela e a observa, pásalle pola cabeza o marabilloso que podería chegar a ser poder falarlle á lúa e contarlle todo o que lle pasa e que puidese sentirse arrolada por ela.
Nesta composición podemos chegar a ver os temas da natureza. Ex: "E sentada estou mirando/ como a lúa vai saíndo,/ como o sol se vai deitando". Pero temen encontramos a melancolía da muller, síntese tan soa que se identifica coa lúa.