lemos a Rosalía (+0'25)

Bos amores (Follas Novas, 1880)

Bos amores (Follas Novas, 1880)

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 1
                Cal olido de rosas que sai de antre o ramaxen
nunha mañán de maio, hai amores soaves
que n'inda vir se sinte, nin se ve cando entraren
pola mimosa porta que o corazón lles abre
de seu, cal se abre no agosto
a frol ó orballo da tarde.
E sin romor nin queixa, nin choros, nin cantares,
brandos así e saudosos, cal alentar dos ánxeles,
en nós encarnan puros, corren coa nosa sangre
i os ermos reverdecen do esprito onde moraren.
Busca estes amores..., búscaos,
si tes que chos poida dare;
que éstes son sóio os que duran
nesta vida de pasaxen.

Neste poema, Rosalía ensalza o bo amor, un amor san. Comeza dicindo que a chegada destes amores é case imperceptible, que o corazón ábrese a el "como as flores en agosto co orballo da tarde". Refire como son os amores bos, alegres e sen penas, facendo experimentar sentimentos fermosos e puros. Remata alentando a que os busquemos, a que os vivamos se podemos, xa que tal e como ela di, son os que realmente duran na vida.

É un poema de tipo intimista, a temática é o amor, e faino dende unha perspectiva optimista e fermosa. Non expresa dor, senon todo o contrario, animando a vivir o amor e sentirse alegre con iso.

Elixín este poema porque me gusta o seu enfoque. É sinxelo e breve, pero transmite unha mensaxe positiva, clara e fermosa, dirixíndose directamente ao lectorado falando dende o corazón.

En resposta a Usuario eliminado

Re: Bos amores (Follas Novas, 1880)

por Usuario eliminado -
Moi ben, Aroa! Poderiamos relacionar a temática amorosa que expresa co tema dos 'coidados' e do amor libre, respectuoso e feliz que reivindica hoxe en día o feminismo :)
+ Tamén estaría ben falar das metáforas que estabelece co medio natural.

+ É un poema encadrado na sección ¡Do íntimo! dentro das Follas Novas.