¡Ouh miña parra de albariñas uvas,
que a túa sombra me dás!
¡Ouh ti, sabugo de froriñas brancas,
que curas todo mal!
¡Ouh ti, en fin, miña horta tan querida
e meus verdes nabals!
¡Xa non vos deixo, que as angustias negras
lonxe de min se irán!
O vran chega crubíndovos de fruto,
todos son ricos xa,
os paxarmos tén gran nas campías,
abrigo na follax.
As noites son tranquilas e serenas,
craro e sempre o luar,
por antre as tellas entran os seus raios
i hastra o meu leito van,
i así durmo alumado pola lámpara
que ós probes lle luz dá:
lámpara hermosa, eternamente hermosa,
consolo dos mortals.
No seguinte poema, Rosalía fai recordo da súa parra de uvas albariñas, videira común en Galicia que representa a terra, a natureza e as raíces da autora. A liña pola que creo que se desenvolve Rosalía, debido a que ese poema pertenece ao libro Follas Novas, é a innovadora, caracterizada polo uso dunha temática metafísica marcada pola saudade e o pesimismo.
Podemos ver no verso 7 como fala de que, se está preto da parra, as angustias negras se irán, polo que podemos interpretar que estando na súa terra, no seu campo e coa súa parra, a morte se alonxará dela. Fala tamén que, estando alí, as noites son sereas e claras, onde o alumio da lúa se cola entre as tellas facendo entrar os seus raios no seu leito, é dicir, á súa cama, xa que de seguido nos explica no verso 17 que dorme alumada pola lámpada que lle dá luz aos pobres, referíndose á lúa.
Así, "Ouh miña parra de albariñas uvas" é un poema cheo de emoción e simbolismo, que expresa a profunda relación entre Rosalía e a súa terra, e que representa a dor da nostalxia e da separación.
Vocabulario (sacado do Dicionário Estraviz)
- Nabals: denominação genérica para a terra muito frutífera onde se plantam frutos menores: cebolas, alhos, etc.
- Sabugo: substância esponjosa e leve que se encontra no interior de certas árvores, especialmente no sabugueiro.