lemos a Rosalía (+0'25)

Soia (Follas Novas)

Soia (Follas Novas)

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 1
¡SOIA!
 
Eran cráro-los días,
risóña-las mañáns,
i era a tristeza súa
negra com'a orfandá.
 
Íñase á amañecida
tornaba c'oa serán...
mais que fora ou viñera
ninguen ll'o iña a esculcar.
 
Tomou un día leve
camiño d'o areal...
como naide a esperaba,
ela non tornou máis.
 
Ó cabo d'os tres días
botouna fóra o mar,
i alí ond'o corvo pousa,
soia enterrada está.

 

Penso que este poema trata dunha muller orfa cunha gran depresión a causa de atoparse soa, sen ter ninguén con quen falar ou que se preocupe por ela... Debido a isto, marcha un día e desaparece sen que ninguén se dea conta nin a bote en falta, e decide rematar coa súa vida tirándose ao mar. Esta é atopada uns días despois e é enterrada soa xa que, como se di no poema, o lugar do seu enterro é "alí onde o corvo pousa" (no penúltimo verso) e, ao ser os corvos moi desconfiados e pousarse en lugares altos ou afastados da xente, enténdese que a muller é enterrada nunha parte do cemiterio sen ninguén arredor, o cal resulta bastante triste.

En resposta a Usuario eliminado

exemplo de existencialismo rosaliano

por Usuario eliminado -
Moi ben pillado o sentido dos versos, Isma! Desde logo que estamos ante un poema da temática existencial de Rosalía: fala da soidade e até se cuestiona o sentido da vida (como dis, o poema remata nun suicidio). Vai na onda do coñecido 'Negra sombra' (de feito no verso 4 tamén atribúe o adxectivo "negra" á soidade, cor con connotacións negativas na lírica) e doutros que vos lin recentemente na aula do libro Follas novas, no que trata máis esta temática. Por certo, este poema é o último do apartado '¡Do íntimo!' da obra (explicación da estrutura na páxina 258 do libro de texto).
- Dubido se a muller é realmente orfa ou só está comparando a tristeza con outra circunstancia moi mala per se.
- Poderiamos comentar o contraste entre o bo tempo (risoños os días, claras as mañás, v.1-2) coa escuridade da personaxe.
- Os corvos tamén poden ser aves mariñas que mergullan no mar ou pousan nas rochas...
+ Na edición que ti copiaches do poema (editeicha para facilitar a lectura) poderiamos subliñar os apóstrofos e guións como signo de vulgarismo/popularismo, ou a utilización da letra 'y' como castelanismo,