Vale, Ramón! Eu quizais encadraría mellor o poema na temática intimista, xa que fala da paisaxe do seu arredor, malia que é acertada a vinculación que fas entre os elementos naturais e o sentimento da autora (isto é o que se chama "romanticismo poético": as emocións vense reflectidas en todo o presente), e por tanto está ben xustificada tamén a temática filosófica-metafísica-existencial (e, claro, relacionado coas "angustias negras" que semellan bastante á "negra sombra").
+ Deberíamos notificar que este é só un anaco dun poema moito máis longo titulado '¡Terra a nosa!' e pertencente ao apartado "As viúdas dos vivos e as viúdas dos mortos" de Follas Novas (onde, precisamente, fala abondo das migracións e abandono das terras propias: as "viúvas de vivos" son as mulleres que quedan 'soas' logo da emigración maiormente masculina).

+ Tamén se podería falar da gran cantidade de léxico pertencente ao eido natural que aparece no texto (parra, uvas, sabugo, froriñas, horta, nabais, fruto, paxaros, campías...).