Section outline
-
Traballo correspondente á sesión do luns 16 de marzo.
-
Este é un dos vídeos co que practicamos en sesións anteriores. Xa que tendes moito tempo estes días podedes aproveitar para practicar un pouco e bailar na casa. Recordade que a nota práctica da parte de zumba será a execución dunha destas coreografías.
-
Tedes aquí tamén o vídeo dos estiramentos.
Picade no na letra que está en azul e xa vos dirixe ó vídeo.
-
PARTE DE ORIENTACIÓN DEPORTIVA
Debedes facer esta ficha, na cal traballaredes cos principais símbolos dos mapas de orientación. Dentro dela explícavos como facela. Non é necesario imprimila se non queredes. Podedes anotar nun folio o que vos pide. Tedes que entregala en formato papel á volta destes 15 días, ó igual que o resto das tarefas que vos pida neste tempo.
-
-
-
Traballo correspondente á sesión do luns 23 de marzo.
IMPORTANTE !!! TENDES TODA ESTA SEMANA PARA FACER AS 3 FICHAS E ENVIARMAS POR CORREO ELECTRÓNICO. TEDES DE PRAZO ATA O LUNS 30. PODEDES ENVIAR AS FICHAS IMPRESAS FEITAS Á MAN, FEITAS NUNHA FOLLA NOVA, EN FORMATO DIXITAL, ETC. COMO A VOS SEXA MÁIS CÓMODO. SE TENDES ESCANER PODEDES ESCANEALAS, SE POÑEDES AS RESPOSTAS NUN DOCUMENTO WORD OU SIMILAR PODEDES ENVIALO DIRECTAMENTE, OU SENÓN PODEDES SACARLLE UNHA FOTO E ENVIALO.
MANDADE TODAS AS FICHAS NUN MESMO.
O meu correo é: anosabelen@gmail.com ide enviándomas e podedes escribirme se tendes algunha dúbida.
-
Déixovos o enlace a outro vídeo para que non perdades o ritmo e vaiades practicando. Este é curto, de unha única canción.
-
Esta é a ficha que debedes facer para a sesión de hoxe.
-
Nestes dous documentos podedes ver os diferentes símbolos que aparecen nos mapas de orientación. O segundo explícavos detalladamente cada un deles.
-
Estes dous documentos explican o significado dos diferentes cadros de controis que nos atopamos á marxe dos mapas de orientación. Indícanos onde se atopan as balizas.
Só tendes que facer a ficha nº2. Os demáis documentos deixovos para que vos axuden a facer as fichas. Tanto esta como a da seguinte sesión. Recordade facelas nunha folla se non podedes imprimila. Teredes que entregalas todas o primeiro día que volvamos á clase.
-
Podedes ver aquí un exemplo de mapa como o que vos atoparedes na proba de orientación.
-
-
Traballo correspondente á sesión do xoves 26 de marzo
-
Outro vídeo curto dunha coreografía dunha canción. A practicar !!
-
Aquí tendes a ficha para eleborar na sesión que nos correspondería hoxe.
-
-
Material correspondente á sesión do luns 30 de marzo.
Aquí abaixo aparécenvos as tarefas correspondentes para a sesión de hoxe. Consisten en dúas actividades relacionadas tamén cos contidos de "Orientación Deportiva"
-
Tendes que facer esta tarefa de Orientación, que consiste en identificar no mapa e a través das diferente fotografías, diferentes lugares da vila de "Muros". Algúns seguramente os identificaredes xa que vivides alí. Os que non, podedes axudarvos das familias, da web, ou de plataforma "Google Maps" para pasear de forma virutal polo pobo e ir vendo os diferentes puntos marcados coas fotografías. Desta forma todos coñerecedes un pouco máis o pobo, e verédelo dunha forma diferente.
-
Esta ficha é similar ás que fixechedes a semana pasada. Se tendes opción imprimídea, senon fadeceo á man. Para resolvelas recoméndovos que as miredes no ordenador, xa que vos permite ampliar e ver con máis facilidade.
Tendes que facer só o apartado A da ficha.
-
Esta ficha tendes que facela enteira.
-
-
Material correspondente á sesión do xoves 2 de abril
-
Aquí vos deixo para o día de hoxe unhas preguntas relacionadas cos apuntes de "forza". Íamos facer examen deles, así que aproveitamos para traballalos un pouco con eles.
Debaixo tendes os apuntes, por se algún non os ten. Traen enlaces a páxinas nas que podedes ver videos explicativos.
TENDES ATA O DOMINGO (INCLUÍDO) DE PRAZO PARA ENVIAR O TRABALLO DESTA SEMANA. TANTO AS TAREFAS DO LUNS, COMA AS PREGUNTAS DE HOXE.
Recordade o meu correo: anosabelen@gmail.com
Moito ánimo a todas e todos. Pasade unhas boas vacacións dentro do posible.
-
Neste último documento déixovos as fichas resoltas das dúas semanas anteriores. Mirádeas e se tendes dúbidas preguntádeme. Ó longo da fin de semana deixareivos aquí as respostas ó traballo desta semana. Claro está, cando remate o prazo de entrega.
-
Aquí tendes as fichas número 4 e 5 resoltas. Se non entendedes algo ou tendes dúbidas. Escribídeme.
-
-
Ola de novo a todas e todos!
Espero que todos esteades moi ben dentro deste confinamento. Veredes que pronto se acaba e en nada andades por aí a pasear e a desfrutar de todas esas cousas que agora mesmo non podedes. Mirádeo polo lado bo, despóis desfrutaredes o dobre. Xa queda pouco. Moito ánimo a tod@s.
Neste 3º trimestre, acabaremos con contidos que quedaron pendentes do 2º trimestre (forza, acrosport) e iremos introducindo outros que estarán relacionados, por exemplo, a flexibilidade. Ademais doutros novos que iremos vendo.
Dado que esta materia é maioritariamente práctica, tratarei de que fagades na medida do posible tarefas físicas ou motrices, e que algunhas delas mas enviedes a través de videos ou imaxes. O exercicio físico sempre axuda a unha boa saúde física e mental en calquer momento, e máis se cabe en situacións coma a que vivimos agora mesmo.
Outras tarefas serán teóricas relacionadas cos contidos que vaiamos traballando ó longo da sesión.
Dado que esta forma de traballar é nova para todos, debemos poñer da nosa parte e adaptarnos, xa que non dispoñemos dos materiais e espazos habituais cos cales contamos normalmente nas nosas sesión. Pero veredes que conseguimos facer cousas xeniais entre todos.
Moito ánimo
Recórdovos o meu correo: anosabelen@gmail.com
-
Para a sesión desta semana retomaremos cos contidos de Forza.
Moi poucos de vós me enviástedes as preguntas que vos mandei para a última sesión antes das vacacións. Entón, o longo desta semana debedes facelas.
Dentro destas preguntas, unha das actividades que se vos pide é a de deseñar un circuíto para o traballo de forza, duns determinados grupos musculares. Deseñádeo e máis para diante xa vos direi o que faremos con el. Poñede exercicios adaptados ó voso nivel.
Podedes introcir exercicios con autocargas (propio peso corporal) ou pequenas sobrecargas (calquera material que atopedes pola casa).
Aquí abaixo deixovos o enlace a algúns videos que vos poden axudar.
Tendes de prazo para entregalo ata o domingo 19 (inclusive).
-
Exercicios para diferentes grupos musculares con autocarga
-
Exercicios de iniciación para a zona CORE (abdominal, lumbar, zona pélvica) con autocarga
-
Exercicios con sobrecarga para diferentes grupos musculares. Adaptación con material caseiro.
-
Exercicios para traballo de tren inferior con autocarga.
-
-
Para a sesión de hoxe, teredes que levar á práctica o circuito que deseñáchedes a semana pasada.
Tendes que grabalo en video e subilo ó Classroom. Tendes de prazo ata o mércores 22 (inclusive). Gravade só unha volta do circuíto, aínda que o teñades deseñado con varias voltas, para que o video non sexa moi longo e non vos dea problemas á hora de subilo.
Debedes decir que grupo muscular ides a traballar antes de executar o exercicio correspondente a ese grupo muscular.
Se tedes dúbidas escribídeme.
Ánimo a tod@s.
-
Aquí vos uns retos que tan de moda están neste confinamento. Animarse a facer algún a ver se vos sae. Veredes que pasades un bo anaco e sudades máis do que pensades. Podedes gravalo e enviarmo.
-
-
Na sesión de hoxe, aproveitando que estamos a traballar co tema da "Forza", imos a levar a cabo algúns dos "Test" de valoración da condición física que xa fixemos ó inicio de curso. Neste caso imos facer só os que miden directamente a capacidade de forza de diferentes grupos musculares do noso corpo.
Teredes que realizar na vosa casa as 4 probas que vos propoño e cumplimentar a ficha correspondente cos datos obtidos en cada unha delas. Unha vez teñades o resultado debedes comparar nas táboas de valores e apuntar a vosa nota correspondente. Esta nota non será determinante para a avaliación, nin para ben nin para mal, pero tendes que esforzarvos en facelo. Se podemos, compararemos os resultados cos do 1º Trimestre.
Cando o teñades rematado tendes que subir a vosa ficha correspondente cos resultados ó Classroom. Tedes de prazo ata o sábado 25 inclusive.
Cando subades cousas na plataforma, asegurarse de que lle dades a "entregar/enviar" para que a tarefa me apareza como "presentada" senón, non a poderei ver.
Aquí abaixo tendes os documentos necesarios.
Moito ánimo, que o estades a facer moi ben!
-
Neste documento explicanse as 4 probas que tendes que executar. Lede ben e varias veces para face-las de forma correcta. Nalgunhas póñovos adapatación para o material que precisades.
-
Neste documento tendes a ficha que debedes cubrir cos vosos datos. Podedes imprimila ou face-la noutra folla á parte. Nel tamén vedes os cadros nos cales teredes que buscar o voso resultado para posteriormente obter unha nota.
-
-
Esta semana imos empezar a traballar con contidos do "Acrosport"
Para a sesión de hoxe, déixovos aquí abaixo uns apuntes e tamén un par de videos para que vos vaiades familiarizando e para que entendades un pouco mellor en que consiste esta modalidade. Só tendes que miralos, así empezaremos unha toma de contacto. Se tendes dúbidas preguntádeme por correo.
-
Este documento son os apuntes.
-
-
Para a sesión de hoxe xa imos a poñer en práctica alguns aspectos básicos do Acrosport. Como poderíades ler nos apuntes existen diferentes roles (portor, áxil e axudante). Pois ben, aquí abaixo atopades 2 documentos nos cales aparecen algunhas das poisicións básicas dos "portores e dos áxiles".
O que tendes que facer é escoller 3 posicións/figuras de portor e 3 posicións/figuras de áxil. Despois teredes que fotografiarvos executando esas 6 figuras. Por último subilas ó Classroom.
Tende coidado coas figuras que escollades, que non vos resultes perigosas. Tendes que facer un pequeno quencemento antes para executalas con seguridade e con máis facilidade. Podedes facer o voso circuito de forza para entrar en calor e despois executar as figuras. Iso xa sería un traballo moi completo.
Só tendes que subir as fotografías. Podedes envialas de forma individual ou facer unha montaxe con elas, como vós queirades.
Tendes de prazo para entregar ata mañá 1 maio (inclusive).
IMPORTANTE: cando subades as tarefas asegurarse de darlle a "entregar tarefa" para que apareza como entregada e non me quede ningunha atrás á hora de comprobar as entregas.
Ánimo a todos.
-
VIDEOCONFERENCIA
A partires desta semana ides a dispoñer de media hora de videoconferencia para preguntarme posibles dúbidas que teñades en canto ás tarefas da semana, dúbidas da plataforma, etc. Estas videoconferencias non son de asistencia obrigatoria. Se algún día preciso que todos vos conectedes, informareivos con tempo para unha semana en contreto nese horario.
Para acceder só teredes que picar nun enlace que vos mandarei por correo e xa conectaredes co meu canal.
O horario establecido é os MARTES de 12:00 a 12:30.
-
Continuamos cos contidos de Acrosport. Esta semana imos a traballar principalmento con aspectos do control postural nesta modalidade. Co papel que desempeñan o "Portor" e o "Áxil" e cos aspectos de seguridade que estes deben ter en conta á hora de executar as diferentes posicións básicas ou composicións.
Para iso propóñovos 2 actividades:
1. Tendes que contestar ás preguntas que aparecen no documento 1, axudándovos dos apuntes. Podedes facelo en papel ou en formato dixital, como queirades.
2. A nivel práctico imos a traballar a musculatura abdomina/lumbar (CORE) e a musculatura da cintura escapular (zona de ombreiros/escápula/peitoral). Esta musculatura é fundamental á hora de executar as diferentes figuras e pirámides, xa que nos permite manter unha boa estabilidade, control dunha postura correcta que evite riscos e aporte seguridade, tanto para nós mesmos, coma á hora de soster a outros compañeiros.
Para traballar dita musculatura propóñovos 3 retos/exercicios que veredes no video de abaixo. Podedes usar papel ou outros obxectos que teñades. Se queredes, gravade cada un dos exercicios nun video diferente para que vos sexa máis doado de subir á plataforma. Podedes poñelo se queredes a cámara rápida. Iso como vós queirades.
Tendes ata o venres 8 inclusive para subir as dúas tarefas
-
Imos a seguir co traballo de Acrosport.
Esta semana veremos as figuras grupais ( de 2 ou máis persoas).
Deixovos unhas preguntas ó igual que a semana pasada para que miredes con calma os tipos de composicións que existen, os tipos de presas, aspectos de seguridade, etc.
En canto á parte práctica teredes que escoller varias figuras das que se vos mostran nas imaxes que vos deixo. Debedes realizar as seguintes:
- Duas figuras de parella
- Unha figura de trio.
- Unha figura que vós escollades de máis de 3 persoas.
Tal e como vos comentei na videoconferencia o outro días, tendes dúas opcións para facer as figuras:
- Executalas con outras persoas da vosa casa.
- Facer unha montaxe con algún programa: debedes sacar fotos coas diferentes posicións da figura e despois facer unha montaxe.
A maioría dos ordenadores con sistema windows trae un programa que se chama "movie maker", e os móbiles acostuman a traer tamén algún de serie. Seguro que vós coñecedes tamén algún. Facede o que poidades, coa opción que mellor vos veña. Seguro que vos saen cousas moi chulas. Entendo que non todos teredes con quen facer as figuras ou programas cos que facer montaches. Ide investigando un pouco.
Posto que o número de figuras que tendes que facer bastantes tarefas vou a darvos un prazo de 2 semanas. Tendes de data límite para entregar o venres 22 inclusive.
Recordade que tendes que subilo na tarea correspondente de "Classroom".
-
Neste cartafol atopades imaxes con diferentes figuras de 2 ou máis persoas.
-
Estas vindeiras semanas, traballaremos en torno a unha pirámide de Actividade Física.
Como poderedes ver no documento que vos deixo abaixo, a piramide componse de unha base, 4 niveis e un cumio . En cada unha das partes da pirámide aparecen os seguintes apartados: resistencia, traballo de forza-resistencia, flexibilidade, relaxación, equilibrio e coordinación.
Debedes mirar os videos con calma e despois escoller de cada apartado as actividades ou exercicios que máis vos gusten ou se adapten ó voso nivel. Tamén podedes adaptar algunhas das que aparecen.
O seguinte paso, será gravar un vídeo (2-3 min) onde poñades desmostracións dos exercicios ( uns segundos de cada un) que escolléchedes para cada parte. Os exercicios teñen que estar executados por vós.
O video debe incluir os seguintes puntos:
- Exercicios ou actividade de quencemento/ actividade cardiovascular.
- Exercicios de forza: 3 brazos, 3 pernas e 3 zona abdominal- Core.
- Estiramentos
- Unha relaxación ou volta á calma.
Unha vez feita a tarefa do vídeo, faremos outra centrándonos un pouco máis na volta á calma das sesión de Actividade física, concretamente en relación ós contidos de relaxación-respiración. Este tipo de exercicios son moi importantes para a saúde física e mental, e axudan ó noso corpo a volver a un estado de repouso tra-la actividade física, aportando equilibrio o organismo.
Debedes facer unha recollida de todas as actividades/exercicios de relaxación-respiración que aparecen na columna 4, que é a correspondente a estes contidos.
Debedes indicar:
- Título do video.
- Nome da actividade ou técnica ou exercicio central do vídeo.
- Explicar de forma xeral en que consiste dita actividade ou técnica ou exercicio dese video.
Podedes ó final nomear algun exercicios de relaxación que se vos ocorra ou coñezades e non apareza en ningúns deses videos.
Tendes de prazo máis de 15 días, xa que é laborioso. O día límite para entregar é o VENRES 5 XUÑO.
Crearei no Classroom unha tarefa correspondente para cada tarefa cos nomes de "Piramide AF" e "Actividades de relaxación". Subídeas alí.
Moito ánimo a todos, seguro que facedes cousas moi chulas, como sempre!
-
Neste documento aparécevos a pirámide.
Unha vez aberto, se picades en cada icono corespondente, redirixiravos ó video correspondente de cada actividade.
-
Ola!
Recordade que tendes toda esta semana para seguir coa montaxe do voso vídeo. O vídeo relacionado coa pirámide de educación física.
Tamén tendes pendente o análises das actividades de relaxación-respiración.
Dádelle duro!
-
Ola a todas e todos de novo!
Recordade que esta semana remata o prazo de entrega das tarefas que vos propuxen: vídeo da pirámide e análise da columna de relaxación.
Mentras ides rematano e para aqueles que xa rematáchades propóñovos a última tarefa deste curso.
Imos traballar de forma moi lixeira un aspecto moi importante nas nosas vidas, que debe ir ligado á práctica habitual de actividade física. Trátase da
ALIMENTACIÓN SAUDABLE
Cos diferentes documentos e enlaces que vos vou deixar aquí abaixo teredes que analizar a vosa alimentación de dous días e facer algúns cálculos relacionados co gasto enerxético e co valor enerxético de diferentes tipos de alimentos.
O primeiro documento explícavos máis detalladamento a tarefa que tendes que levar a cabo.
No segundo observaredes unha roda de alimentos, na cal o tamaño proporcional na roda corresponderíase coa inxesta que debemos facer de cada un deles.
Os demáis son enlaces e ferramentas que vos axudarán a facer a tarefa que vos propoño.
A data límete para subir a tarefa ó Clasroom é o VERNRES 12 DE XUÑO.
ÁNIMO QUE É A ÚLTIMA!
-
Este é o documento no que vos explico ó que debedes facer exactamente.
-
Nesta imaxe observades os diferentes tipos de alimentos. Canto máis espazo ocupan na roda, máis importancia ten o seu consumo diario.
-
Neste cartafol atopades dous documentos onde se vos explican aspectos básicos da alimentación, tipos de alimentos e nutrintes, do gasto calórico, táboas de exemplo para o análise de dietas, etc.
Lédeos que vos axudarán a entender conceptos básicos.
-
Nesta páxina atopádesvos diferentes ferramentas que vos axudarán a calcular o voso metabolismo basal e número de calorías inxeridas en función dos alimentos que consumides.
-
-
Ola a tod@s!
Aquí vos deixo un documento no cal se vos explican os criterios de puntuación das diferentes tarefas que fomos traballando o longo deste proceso telemático. Á maioría xa vo-los comentei durante as últimas videoconferencias.
Quero darvos a noraboa a aquelas e aqueles que traballaches a reo durante este proceso tan complexo que nos tocou vivir. Non foi doado, pero fixéchede-lo moi ben.
Pasade moi bo verán!
Unha aperta!
-
Nesto documento aparécevos todo explicado
-