Section outline

  • Na sesión de hoxe, aproveitando que estamos a traballar co tema da "Forza", imos a levar a cabo algúns dos "Test" de valoración da condición física que xa fixemos ó inicio de curso. Neste caso imos facer só os que miden directamente a capacidade de forza de diferentes grupos musculares do noso corpo. 

    Teredes que realizar na vosa casa as 4 probas que vos propoño e cumplimentar a ficha correspondente cos datos obtidos en cada unha delas. Unha vez teñades o resultado debedes comparar nas táboas de valores e apuntar a vosa nota correspondente. Esta nota non será determinante para a avaliación, nin para ben nin para mal, pero tendes que esforzarvos en facelo. Se podemos, compararemos os resultados cos do 1º Trimestre.

    Cando o teñades rematado tendes que subir a vosa ficha correspondente cos resultados ó Classroom. Tedes de prazo ata o sábado 25 inclusive.

    Cando subades cousas na plataforma, asegurarse de que lle dades a "entregar/enviar" para que a tarefa me apareza como "presentada" senón, non a poderei ver.

    Aquí abaixo tendes os documentos necesarios.

    Moito ánimo, que o estades a facer moi ben!

    • Neste documento explicanse as 4 probas que tendes que executar. Lede ben e varias veces para face-las de forma correcta. Nalgunhas póñovos adapatación para o material que precisades. 

    • Neste documento tendes a ficha que debedes cubrir cos vosos datos. Podedes imprimila ou face-la noutra folla á parte. Nel tamén vedes os cadros nos cales teredes que buscar o voso resultado para posteriormente obter unha nota.