Section outline

  • Ola a todas e todos de novo!

    Recordade que esta semana remata o prazo de entrega das tarefas que vos propuxen: vídeo da pirámide e análise da columna de relaxación. 

    Mentras ides rematano e para aqueles que xa rematáchades propóñovos a última tarefa deste curso. 

    Imos traballar de forma moi lixeira un aspecto moi importante nas nosas vidas, que debe ir ligado á práctica habitual de actividade física. Trátase da

    ALIMENTACIÓN SAUDABLE

    Cos diferentes documentos e enlaces que vos vou deixar aquí abaixo teredes que analizar a vosa alimentación de dous días e facer algúns cálculos relacionados co gasto enerxético e co valor enerxético de diferentes tipos de alimentos. 

    O primeiro documento explícavos máis detalladamento a tarefa que tendes que levar a cabo.

    No segundo observaredes unha roda de alimentos, na cal o tamaño proporcional na roda corresponderíase coa inxesta que debemos facer de cada un deles. 

    Os demáis son enlaces e ferramentas que vos axudarán a facer a tarefa que vos propoño. 

    A data límete para subir a tarefa ó Clasroom é o VERNRES 12 DE XUÑO.

    ÁNIMO QUE É A ÚLTIMA!

    • Este é o documento no que vos explico ó que debedes facer exactamente.

    • Nesta imaxe observades os diferentes tipos de alimentos. Canto máis espazo ocupan na roda, máis importancia ten o seu consumo diario.

    • Neste cartafol atopades dous documentos onde se vos explican aspectos básicos da alimentación, tipos de alimentos e nutrintes, do gasto calórico, táboas de exemplo para o análise de dietas, etc.

      Lédeos que vos axudarán a entender conceptos básicos.

    • Nesta páxina atopádesvos diferentes ferramentas que vos axudarán a calcular o voso metabolismo basal e número de calorías inxeridas en función dos alimentos que consumides.