Section outline

  • Para a sesión de hoxe xa imos a poñer en práctica alguns aspectos básicos do Acrosport. Como poderíades ler nos apuntes existen diferentes roles (portor, áxil e axudante). Pois ben, aquí abaixo atopades 2 documentos nos cales aparecen algunhas das poisicións básicas dos "portores e dos áxiles". 

    O que tendes que facer é escoller 3 posicións/figuras de portor e 3 posicións/figuras de áxil. Despois teredes que fotografiarvos executando esas 6 figuras. Por último subilas ó Classroom.

    Tende coidado coas figuras que escollades, que non vos resultes perigosas. Tendes que facer un pequeno quencemento antes para executalas con seguridade e con máis facilidade. Podedes facer o voso circuito de forza para entrar en calor e despois executar as figuras. Iso xa sería un traballo moi completo.

    Só tendes que subir as fotografías. Podedes envialas de forma individual ou facer unha montaxe con elas, como vós queirades.

    Tendes de prazo para entregar ata mañá 1 maio (inclusive).

    IMPORTANTE: cando subades as tarefas asegurarse de darlle a "entregar tarefa" para que apareza como entregada e non me quede ningunha atrás á hora de comprobar as entregas. 

    Ánimo a todos.