Section outline

  • Martes 17 4ª hora exercicios do 1 ao 3.

    Mércores 18 1ª hora exercicios do 4 ao 6.

  • Para martes, mércores e xoves debedes de rematar o boletín da semana pasada. Se tedes calquer problema non dubidar en preguntarme.

    A actividade prevista para o venres é un simulacro dunha proba, intentade facela en menos de unha hora e media e sen mirar os apuntes, a ver que tal sae, logo enviádema por correo electrónico. Comentándome as dificultades que atopáchedes na resolución dos exercicios e o tempo que tardáchedes.

    Ánimo.

  • Boas a todas e todos, esto parece que se alarga máis do desexado, polo que temos que empezar un tema novo. Imos empezar con dinámica, durante esta semana só faredes cálculo con vectores (que igual xa sabedes algo de mates). Súbovos dous videos, o primeiro onde explican un pouco o desta semana e no segundo ides ver a resolución dun exercicio, se entendedes este xa poderedes resolver calquera dos que vos poña eu. Ademais, tamén vos subo un documento para que lle botedes un ollo e vaiades preparando uns apuntes. Esto podedes facelo entre o martes e o xoves. Por último, para teredes que entregarme uns exercicios para o venres.

    Xa sabedes que se tendes calquera dúbida debedes de poñervos en contacto comigo.

    Saúdos e coidádevos, que xa nos queda menos. Eu xa boto de menos ir a clase de forma normal, seguro que algún vós tamén, quen o ía dicir.

    ALGÚN DE VOS ESTÁ TENDO PROBLEMAS AO ENVIAR AS TAREFAS POLO CORREO DA XUNTA, DE SER ASÍ PODEDES EMPREGAR ESTE OUTRO: albertolagoferreira@gmail.com

  • Ola a todas e todos outra vez, espero que esteades ben e estes días de vos serviran para recargar as pilas, que falta nos vai facer a todos.

    Antes de nada comentarvos que ao longo desta semana vouvos ir mandando as correccións dos exercicios que me enviástedes a cada un de vós polo mail, pero deixo aquí os exercicios feitos por min para que lle poidades ir botando un ollo. En xeral están bastante ben.

    Esta semana imos adentrarnos no tema de dinámica, empezamos coas Leis de Newton, para iso podedes ver o seguinte vídeo, o que nos interesa é ata o minuto 9.

    Déixovos tamén uns apuntamentos moi reducidos para que poidades facer os vosos propios,  no voso libro estás na páxinas de 252 á 255.

    Teredes que comprender moi ben as tres Leis, posto que son os principios fundamentais da dinámica, pero só a 2ª Lei será a que empreguemos para resolver os problemas.

    Para rematar déixovos unhas cuestións moi sinxelas que teredes que entregar como data límite o venres 17.

    Recordade que se tedes calquera problema estou a vosa enteira disposición.

    Saúdos e a coidarse.

  • Ola a todas e todos, outra semana máis e seguimos confinados, espero que esteades ben.

    Esta semana seguiremos co tema de dinámica, para iso colguei uns apuntes onde podedes ver como se resolven este tipo de exercicios, son bastante sinxelos, para resolver a maioría deles o primeiro que debedes facer sempre é dibuxar todas as forzas que actúan sobre o corpo e logo aplicando a 2ª lei de Newton facelos é moi fácil.

    Tamén tedes colgado un boletín, ten varios exercicios coas solucións, a idea non é que os fagades todos esta semana, senón que os teñades rematados para o mércores que ven. Así, na clase do xoves 30 de abril colgarei uns exercicios similares as 8.30 para que mos entreguedes resoltos ás 10.30, se non tedes outra tarefa proposta nesa hora.

    Os exercicios desta semana non é preciso que mos enviedes, ídeos facendo e cando teñades dúbidas ou non vos dean os resultados póñédevos en contacto comigo. O venres 24 quero que me mandedes un mail dicíndome por onde ides nos exercicios e que me comentedes o grado de dificultade que teñen.

    Saúdos e ánimo.

    O exericio 2 ten mal o resultado, a forza vale -32.000 N.

  • Ola de novo

    Para esta semana non vos subo tarefas a maiores, xa que tedes que ir facendo o boletín da semana pasada, se alguén o ten rematado e quere seguir practicando que me avise que lle mando máis.

    O exercicio que tíñamos para o xoves cambiámolo por petición popular para o martes 5 ás 16.00. Se tedes calquera problema cos horarios que vos marco eu non teño ningún problema en facer os cambios, sempre e cando esteades todos de acordo e sexa para a momentos que eu poida.

    Esta semana faremos unha clase por videochamada, o grupo 1 o xoves as 16.00 e o grupo 2 17.00, terán unha duración aproximada de 45 minutos, se funcionan ben poderemos ir ampliando. A desta semana adicarémola sobre todo a dúbidas que teñades do atrasado, así que se tedes algunha podedes mandarma por correo.

    Saúdos e coidádevos

  • Ola a todas e todos

    Esta semana deixovos uns apuntamentos sobre dinámica do movemento circular uniforme, non vos poño exercicios, porque o martes as 16.00 colgo os exercicios para que os fagades e entreguedes antes das 18.00, esta semana non teredes que entregar nada máis.

    Deixovos tamén os exericios das semanas pasadas resoltos.

    Esta semana cólgovos tamén algún exercicio de repaso das avaliacións anteriores, para que poidades ir repasando e preparado as recuperacións, estes exercicios debedes de ir facéndoos ao voso ritmo. Se tedes dúbidas sobre estes exercicios debedes de preguntarme.

  • Na recuperación da 2ª avaliación non entra a parte de cinemática.

  • Tedes colgada a proba de dinámica, recordade que ten que estar enviada como hora límite as 18:00.

    Facédeo tranquilo e sede o mais legais posible, quero saber como o está entendendo cada un.

    Mirade os horarios das videoconferencias na web do centro, xa que houbo cambios, por exemplo as nosas (se a tecnoloxía o permite) pasan de xoves a mércores.

    Saúdos

  • Ola

    Esta semana tedes que facer os exercicios de dinámica do MCU , dos que falamos o mércores, ademais engado unha pouca teoría de curvas con peralte e sen peralte que tedes que completar co libro.

    Os exercicios desta semana levan as solucións, polo tanto non é preciso que mos entreguedes, a non ser que non sexades capaces de facelos ou non vo dean as solucións.

  • Ola

    Tedes colgados os exercicios de cantidade de movemento, os tres últimos do boletín tedes que entregalos con data límite o venres 22.

  • Ola!

    Esta semana déixovos colgados os apuntamentos de interacción gravitatoria e un boletín de exercicios deste tema, os exercicios teñen a solución, non é preciso que os entreguedes, ídeos facendo e se tede dúbidas preguntade.

    Recordade que a video desta semana ímola dedicar ao repaso dos contidos anteriores, polo tanto seredes vos os que teredes que preguntar as dúbidas.

    Durante esta semana vou mandar un mail a todos os que debedes de recuperar algúnha avaliación,  estade pendentes ao correo e se tedes calquera dúbida poñédevos en contacto comigo.

  • Boas

    Esta semana só tedes que entregar tres exercicios o venres, os que tedes que recuperar algunha avaliación, é preferible que dediquedes o tempo a preparar a recuperación.

    Recordade que a videoconferencia desta semana é para o alumando que ten a materia suspensa, para falar sobre o exame e responder as dúbidas que teñades. Só haberá un grupo que será o mércores as 16.00.

  • Esta semana é o exame de recuperación, é o xoves 11, a todos os que tedes que facer a recuperación xa vos debería de ter chegado a convocatoria para o exame, se tedes calquera dúbida avisádeme. Sede puntuais á hora que vos convoquei.

    Esta semana non vos poñerei exercicios nin hai clase por videoconferencia, repasade para os exames.

    Sorte!!

  • Ola a todas e todos

    Este curso tan atípico remata, quero felicitarvos polo que traballáchedes a maioría, dame pena non poder despedirnos de forma presencial.

    Noraboa aos que aprobáchedes todo e aos que vos queda algunha preparádea ben para setembro que seguro que a sacades.

    Déixovos uns pasatempos para esta última semana, para, se queredes repasar algo do feito durante o curso

    riberadeltajo.es/nuevaweb/index.php/casilleros/fisica-y-quimica/casillero-de-mariano-benito-perez/fisica-y-quimica-1-bachillerato/73-pasatiempos-fisica-y-quimica-1-bachillerato