Section outline
-
Ola de novo
Para esta semana non vos subo tarefas a maiores, xa que tedes que ir facendo o boletín da semana pasada, se alguén o ten rematado e quere seguir practicando que me avise que lle mando máis.
O exercicio que tíñamos para o xoves cambiámolo por petición popular para o martes 5 ás 16.00. Se tedes calquera problema cos horarios que vos marco eu non teño ningún problema en facer os cambios, sempre e cando esteades todos de acordo e sexa para a momentos que eu poida.
Esta semana faremos unha clase por videochamada, o grupo 1 o xoves as 16.00 e o grupo 2 17.00, terán unha duración aproximada de 45 minutos, se funcionan ben poderemos ir ampliando. A desta semana adicarémola sobre todo a dúbidas que teñades do atrasado, así que se tedes algunha podedes mandarma por correo.
Saúdos e coidádevos