Section outline
-
Estas semanas que nos quedan de curso imos a coñecer e a traballar con unha actividade moi empregada dentro das "Actividades físicas no medio natural": A CABUYERÍA.
A cabuyería consiste na arte de facer nudos con cordas (de diferentes tipos). Pode usarse en actividades de montaña, pero tamén noutras como actividades acuáticas de embarcación, etc. Nos imos a centrarnos no seu uso nas actividades de montaña. Algúns nudos son empregados en acampadas (para montar tendas, facer construccións) ou tamén en deportes como a escalada,descensos, rápel, co principal obxectivo de asegurarnos e manter a nosa seguridade nos ascensos e descensos polas paredes ou barrancos naturais.
A continuación, podedes ver unhas imaxes onde se vos explican os aspectos máis importantes desta práctica que ven de fai un montón de anos. Tamén vos aparecen exemplos dalgúns nudos que son os máis empregados e máis básicos. Ledeos con atención e quedarse co nome deses nudos.
Máis abaixo déixovos uns videos tutoriais onde podedes aprender a facer algúns deses nudos que vos aparecen no documento.
Debedes practicalos con unha corda que teñades, cordón gordo ou algo similar ata que sepades facelos. Despois teredes que gravar un vídeo facendo 3 deses nudos. Os que vos escolladestodos . Ou tamén podedes facer un video con cada nudo. Ese será o traballo práctico que deberedes subir á plataforma.
Á parte do traballo de Cabuyería, déixovos un reto físico que tamén teredes que practicar e enviarme.
Crearei unha tarefa correspondente no Classroom para que as subades. A data límite para entregar as dúas tarefas será o MÉRCORES 10 DE XUÑO.
ÁNIMO A TODAS E TODOS!
-
Neste cartafol tendes as imaxes explicativas.
-