Section outline
-
Esta semana imos a seguir cos contidos de danzas e bailes tradicionais. Posto que só teremos unha sesión (xa que o venres é festivo) imos a deixar de lado o Baile Galego un pouco e imos traballar con "Danzas do mundo".
Tende aquí abaixo un video no cal vos aparecen diferentes tipos de danzas. Danzas e bailes de diferentes países do mundo e de diferentes rexións (algunha española).
Tendes que ver o video e anotar (nunha folla, nun documento word, ou no que prefirades) as seguintes cousas:
- O nome dos diferentes sitios (países ou rexións) ós que pertence a danza.
- Explicar brevemente que tipo de movementos fan os bailaríns nelas. Por exemplo, se baila individual, en parella, que tipo de movementos, etc. O que a vós vos chame a atención e consideredes importante desas danzas que vos vai ensinando o video.
Tendes que entregalo no Classroom.
O prazo límite é o mércores 29 para 2ºB e o Sábado 2 para 2ºA.
IMPORTANTE: asegurarse de darlle a "entregar tarefa" unha vez que a subides, senón aparecerá como non entregada.
-
Este é o video no cal aparecen as diferentes danzas
-
Estes dous videos son 2 retos que vos propoño para aquelas e aqueles que queirades practicalos e facelos. A ver quen se anima. Se vos acaba saíndo podedes enviarme o video para que o vexa.
No dos rollos de papel, se 4 vos son moitos podedes facelo só con 3.
Probade, que seguro que o conseguides. E así traballaredes a vosa muculatura abdominal moitiiiisimo.