Section outline
-
Na semana de hoxe imos ver os frutos deses ensaios en tempo de confinamento. Para iso todos tendes que saber facer (mellor ou peor) os dous puntos de muiñeira que o rapaz nos ensina nos vídeos que vos fun colgando. Para iso, teredes que grabar un video e enviarmo.
A parte que tendes que bailar no vídeo son os 2 PUNTOS que se ensinan nos vídeos. Para que non teñades dúbidas son os 2 puntos que o rapaz baila con brazos no video "Muiñeira 3" que vos subín o venres. Concretamente entre os minutos 3:20 e 4:25. Podedes bailalos con música ou sen música, como vós queirades. Se o facedes con música, podedes poñer unha muiñeira calquera ou coa do vídeo de fondo. Iso deixoo á vosa elección.
Os alumnos e alumnas de 2ºB tendes ata o mércores inclusive para envia-lo.
Os alumnos e alumnas de 2ºA tendes ata o sábado inclusive (xa que a vosa sesión non é ata o xoves).
Practicade un pouco. Estou segura de que vos sairá a todos moi ben.
Ánimo