Section outline

  • Esta semana, tal e como vos comentei, imos a continuar traballando un pouco co "Sendeirismo". Ides a ver os diferentes tipos de rutas que existen, as súas correspondentes señalizacións, como podemos valorar a súa dificultade, etc. 

    Para iso déixovos 2 videos que vos explican moi ben todos estes aspectos e que vos mostran imaxes relacionadas. Mirádeos con detalle e prestade atención ó que vos explican. 

    Ademais, tendes un documento no cal vos explico a tarefa que teredes que facer para esta semana. Consiste en buscar e explicar as características dunha ruta cercana ó voso entorno. Dentro do documento explícovos con máis detalle o que debedes facer e como. 

    Tendes de prazo ata o VENRES 29 DE MAIO para subilo ó Classroom. 

    Seguro que atopades rutas chulísima!

    • Nesta páxina podedes ver os 2 videos.

      O primeiro explícavos as diferentes tipos de rutas que existen, as súas características e a súa señalización correspondente.

      No segundo podedes ver cales son os elementos que hai que ter en conta para valorar a dificultade dunha ruta de montaña.

    • Neste documento aparécevos detallado en que consiste a tarefa que tendes que levar a cabo esta semana.