Section outline

  • Ola!

    Esta semana imos a meternos un pouco máis en profundidade no "Sendeirismo" como unha das actividades que se levan a cabo no medio natural.

    Déixovos unha preguntas que tendes que contestar axudándovos dos apuntes da semana pasada e tamén dos videos que podedes ver aquí abaixo.

    Os que queirades, se tendes oportunidade de dar un paseo por unha zona natural preto de onde vivides, podedes tamén enviarme unha foto. Así poderedes desfrutar da natureza e compartila conmigo dende a distancia. Seguro que tendes paisaxes moi bonitas moi pretiño.

    Tendes ata o venres 22 inclusive para subir as tarefas ó Classroom, e as persoas que queiran a foto.

    • Contestade de forma breve e resumida ás preguntas que vos plantexo. Podedes entregalas en formato dixital ou nunha folla escrita á man. 

    • O primeiro vídeo explica en que consiste e cales son as principais características do Sendeirismo. Tamén os beneficios que este ten para as persoas que o practican e para a súa saúde.

      No segundo podedes ver unha serie de medidas e consideración que hai que ter en conta á hora de realizar ou organizar unha ruta de sendeirismo.

      Espero que vos gusten.