Section outline

  • Ola a tod@s!

    Coa entrega do video dos "paseos" de muiñeira, damos por finalizado o traballo dos contidos de "Baile tradicional". Espero que vos quedase claro a estrutura dun baile tradicional galego, neste caso da muiñeira que foi o que máis traballamos. Estou segura de que si. Se tendes dúbidas, podédesme preguntar sempre. 

    Xa que tendes que entregar o video o mércores, deixovos estes primeiros días para ensaiar un pouco. 

    Déixovos un documento, co cal imos a iniciar os contidos de "ACTIVIDADES FÍSICAS NO MEDIO NATURAL". Son uns pequenos apuntes que vos explican os aspectos máis importantes deste tipo de actividades e móstravos exemplos dalgunhas das actividades máis coñecidas. O longo das seguintes semanas, profundizaremos un pouquiño máis nalgunha delas. 

    Só tendes que ler os apuntes, nada máis. Na parte práctica xa tendes que entregar o video. 

    Saúdos