Section outline

  • Estas vindeiras semanas, traballaremos en torno a unha pirámide de Actividade Física. 

    Como poderedes ver no documento que vos deixo abaixo, a piramide componse de unha base, 4 niveis e un cumio . En cada unha das partes da pirámide aparecen os seguintes apartados: resistencia, traballo de forza-resistencia, flexibilidade, relaxación, equilibrio e coordinación. 

    Debedes mirar os videos con calma e despois escoller de cada apartado as actividades ou exercicios que máis vos gusten ou se adapten ó voso nivel. Tamén podedes adaptar algunhas das que aparecen.  

    O seguinte paso, será gravar un vídeo (2-3 min) onde poñades desmostracións dos exercicios ( uns segundos de cada un) que escolléchedes para cada parte. Os exercicios teñen que estar executados por vós.

    O video debe incluir os seguintes puntos: 

    • Exercicios ou actividade de quencemento/ actividade cardiovascular.
    • Exercicios de forza: 3 brazos, 3 pernas e 3 zona abdominal- Core.
    • Estiramentos
    • Unha relaxación ou volta á calma. 

    Unha vez feita a tarefa do vídeo, faremos outra centrándonos un pouco máis na volta á calma das sesión de Actividade física, concretamente en relación ós contidos de relaxación-respiración. Este tipo de exercicios son moi importantes para a saúde física e mental, e axudan ó noso corpo a volver a un estado de repouso tra-la actividade física, aportando equilibrio o organismo.

    Debedes facer unha recollida de todas as actividades/exercicios de relaxación-respiración que aparecen na columna 4, que é a correspondente a estes contidos. 

    Debedes indicar:

    • Título do video.
    • Nome da actividade ou técnica ou exercicio central do vídeo.
    • Explicar de forma xeral en que consiste dita actividade ou técnica ou exercicio dese video. 

    Podedes ó final nomear algun exercicios de relaxación que se vos ocorra ou coñezades e non apareza en ningúns deses videos.

    Tendes de prazo máis de 15 días, xa que é laborioso. O día límite para entregar é o VENRES 5 XUÑO. 

    Crearei no Classroom unha tarefa correspondente para cada tarefa cos nomes de "Piramide AF" e "Actividades de relaxación". Subídeas alí.

    Moito ánimo a todos, seguro que facedes cousas moi chulas, como sempre!

    • Neste documento aparécevos a pirámide. 

      Unha vez aberto, se picades en cada icono corespondente, redirixiravos ó video correspondente de cada actividade.