Section outline
-
Para a sesión de hoxe prepareivos dúas actividades para traballar a teoría do "Baile Galego" dunha forma un pouco máis entretida que vos axudará tamén a pasar o tempo nestes días de confinamento. Trátase dun crucigrama e dunha sopa de letras que podedes ver aquí abaixo. Neles teredes que buscar e adiviñar palabras relacionadas cos aspectos máis importantes do baile galego. Son palabras que aparecen nos apunte. Podedes axudarvos deles se o necesitades.
Podedes imprimilos e facelos, pasalos a un papel, facelos directamente no ordenador con algún programa que vos permita editar o documento, etc. Iso deixoo á vosa elección.
Tendes de prazo ata o luns (inclusive) para entregalo no "Classroom". SEMPRE NO CLASSROOM.
Por favor, recordade que cando subades as tarefas tendes que darlle a entregar, senón a tarefa ainda que estea subida, aparecerá como non entregada. Ide probando que o estades a facer moi ben.
Por certo, estades feitos uns bailadores e bailadoras espectaculares! Cando vaia correxindo os videos, xa vos poño comentarios personalizados.
Moito ánimo para todos e todas!
-
Esta é a sopa de letras. Tendes que buscar nela as palabras que vos aparecen abaixo do cadro con letras.
-
Este é o crucigrama. Tendes que adiviñar a palabra que corresponde a cada número ( colocada en vertical ou horizontal) das definicións que vos aparecen na parte de abaixo.
-