Section outline

  • Ola a todas e todos, outra semana máis e seguimos confinados, espero que esteades ben.

    Esta semana seguiremos co tema de dinámica, para iso colguei uns apuntes onde podedes ver como se resolven este tipo de exercicios, son bastante sinxelos, para resolver a maioría deles o primeiro que debedes facer sempre é dibuxar todas as forzas que actúan sobre o corpo e logo aplicando a 2ª lei de Newton facelos é moi fácil.

    Tamén tedes colgado un boletín, ten varios exercicios coas solucións, a idea non é que os fagades todos esta semana, senón que os teñades rematados para o mércores que ven. Así, na clase do xoves 30 de abril colgarei uns exercicios similares as 8.30 para que mos entreguedes resoltos ás 10.30, se non tedes outra tarefa proposta nesa hora.

    Os exercicios desta semana non é preciso que mos enviedes, ídeos facendo e cando teñades dúbidas ou non vos dean os resultados póñédevos en contacto comigo. O venres 24 quero que me mandedes un mail dicíndome por onde ides nos exercicios e que me comentedes o grado de dificultade que teñen.

    Saúdos e ánimo.

    O exericio 2 ten mal o resultado, a forza vale -32.000 N.