Section outline
-
Material correspondente á sesión do venres 3 de abril para os grupos de 2ºESO A e 2ºESO B
-
Na sesión de hoxe imos empezar a traballar con contidos de "Baile tradicional galego", tal e como estaba previsto se tivéramos clase.
Aí enriba podedes ver un documento donde vos explica os aspectos máis importantes dos bailes tradicionais galegos, cales son, cal é a súa estructura, etc. Dentro deste documento, na parte final podedes observar uns enlaces á uns videos para diferenciar algún deses bailes.
Lede o documento e botádelle un ollo ós videos, xa que traballaremos con eles nas próximas sesións.
-
Nestes dous videos que vedes enriba, ensínanvos os pasos básicos da "Muiñeira" e como executalos. Védeos e practicádeos, xa que son moi sinxelos e teredes que saber facelos á volta das clases.
Moito ánimo para todas e todos. Desfrutade das vacacións, ainda que sexan algo raras.
Unha aperta.
-