Explorar o glosario usando este índice

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS

Páxina:  1  2  (Seguinte)
  TODAS

A

Arado normando ou con veso

Arado de ferro que permitía remover ou airear mellor a terra. Era máis pesado que o arado romano, de aí que necesitara rodas, e que. para arrastralo, comezasen a utilizarse cabalos en lugar de bois.


Arado romano

Arado empregado maioritariamente en Europa occidental ata o século X desde época romana. Feito en madeira, era pouco pesado, polo que apenas afondaba na terra e era arrastrado por bois utilizando un xugo.


B

Barbeito

 é unha técnica agrícola tradicional que consiste en deixar descansar a terra de cultivo, sen sementala, durante un ou varios anos.


Burgo

asigna nun principio ao barrio dos comerciantes e artesáns que acadaron rodeándose dunha muralla e converténdose en cidades. Acabou por asignar a toda a cidade.


Burgués

empezou asignando aos habitantes dos burgos e acabou constituíndo un novo grupo social dentro dos non privilexiados, a burguesía, que non dependía do traballo da terra.


C

Coleira

Colar de coiro recheo de palla utilizado para unir os animais de tiro ao arado e mellorar a súa forza.


Cruzada

eran expedicións organizadas para expulsar aos musulmáns dos Santos Lugares.


F

Feira

Reunión de comerciantes celebradas unha vez ao ano nalgunhas cidades onde se vendían artigos procedentes de lugares afastados.


G

Gremio

Asociación de artesáns dun mesmo oficio.


O

Orde mendicante

Novas ordes relixiosas que xurdiron na Plena Idade Media que predicaban e residían nas cidades e vivían das esmolas.



Páxina:  1  2  (Seguinte)
  TODAS