Vocabulario do tema
Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS
A |
|---|
Arado romanoArado empregado maioritariamente en Europa occidental ata o século X desde época romana. Feito en madeira, era pouco pesado, polo que apenas afondaba na terra e era arrastrado por bois utilizando un xugo. | ||
B |
|---|
Barbeitoé unha técnica agrícola tradicional que consiste en deixar descansar a terra de cultivo, sen sementala, durante un ou varios anos. | |
Burgoasigna nun principio ao barrio dos comerciantes e artesáns que acadaron rodeándose dunha muralla e converténdose en cidades. Acabou por asignar a toda a cidade. | ||
Burguésempezou asignando aos habitantes dos burgos e acabou constituíndo un novo grupo social dentro dos non privilexiados, a burguesía, que non dependía do traballo da terra. | ||
C |
|---|
ColeiraColar de coiro recheo de palla utilizado para unir os animais de tiro ao arado e mellorar a súa forza. | ||
Cruzadaeran expedicións organizadas para expulsar aos musulmáns dos Santos Lugares. | |
F |
|---|
FeiraReunión de comerciantes celebradas unha vez ao ano nalgunhas cidades onde se vendían artigos procedentes de lugares afastados. | |
G |
|---|
GremioAsociación de artesáns dun mesmo oficio. | |
O |
|---|
Orde mendicanteNovas ordes relixiosas que xurdiron na Plena Idade Media que predicaban e residían nas cidades e vivían das esmolas. | |