Un arcobotante (ou arbotante) é un elemento estrutural exterior característico da arquitectura gótica. Consiste nun arco rampante que conecta a parte alta dos muros da nave central cun contraforte ou botarel exterior, transmitindo os empuxes laterais da bóveda e permitindo muros máis altos e lixeiros con grandes ventás.