Curso de Moodle para estudantes
Visualizar a información
Necesitamos
Para poder ver as informacións que o profesorado deixa na aula virtual será preciso ter instalados no ordenador aquelas aplicacións ou software que permita abrilas. Así para poder visualizar:
- pdf: para poder ver un arquivo pdf precisamos instalar un visualizador de documentos pdf, como Adobe por exemplo.
- .odt, .doc, .docx, .txt: son os arquivos de texto, para poder velos é preciso ter instalados no ordenador un aplicativo ou software que nos permita ver eses arquivos. Recomendamos a instalación do paquete de software libre "Libreoffice" que é gratuito e pódese descargar na web. A súa instalación é moi sinxela.
- .xls, xlsx, .csv: son follas de cálculo, para abrilas é necesario ter instalada a aplicación correspondente. Nos recomendamos de novo o paquete "Libreoffice".
- Para os arquivos de vídeo e son será necesario dispor do reproductor que permita a súa reprodución no noso ordenador. Normalmente os reproductores instalados nos ordenadores actuais permiten ás reproducións dese tipo de arquivos sen problemas.
Videotitorial 3: acceder á información da aula
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0