Saltar navegación

Subir unha tarefa á aula virtual

Subir un arquivo word, odt, pdf

Os arquivos coa extensión ".doc" ou ".docx", son arquivos realizados co software privativo de Microsoft. Microsoft ten varios programas, un deles é o editor de textos que serve para redactar textos e darlles formato. É amplamente usado entre a comunidade educativa.

Se un profesor ou profesora nos solicita unha redacción, escrito, reflexión, etc podemos empregar este software para darlle resposta.

Existen outras aplicacións ou software libre que permite realizar a mesma función: a suite de Libreoffice, concretamente o programa Writter permite realizar exactamente o mesmo coa vantaxe de que é totalmente gratuito e pode descargarse e instalarse en calquera pc sen problemas.  A extensión destes arquivos de texto é do tipo ".odt".

Outra opción é enviar un arquivo pdf, previamente teremos que editalo nun programa editor de textos (Word, Libreoffice Writter) antes de gardalo ou imprimilo como pdf. A vantaxe dos pdf é que non poden ser modificados contrariamente aos arquivos ".doc" e ".odt".

Con esta versión de moodle os profesores e profesoras preferimos que nos enviedes arquivos pdf, así é máis doado correxilos.

No próximo vídeo explicamos como subir estes tres tipos de arquivos á aula virtual.

Subir un arquivo de imaxe, jpeg,png, etc..

É preferible enviar a imaxe nun formato compatible con moodle, xa que este non aceptará calquera formato. Os máis empregados son jpeg e png. 

Se o teu teléfono ou cámara fai fotografías noutro formato, deberás convertir este ao formato admitido antes de subilo á aula virtual.

É moi importante reducir o tamaño da imaxe que envías, xa que as cámaras dos teléfonos adoitan facer fotos con moitos megas. Así que previamente ao envío hay que reducirlle o tamaño.

Non deben enviarse fotos dos exercicios (agás no caso de ecuacións ou similar), senón arquivos de texto sempre que sexa posible. Se o profesor ou profesora envía un documento word que debe ser devolto coas respostas, non se lle debe devolver unha foto dos exercicios, senón ese documento word, coas respostas cubertas no ordenador. Unha vez realizados os exercicios no arquivo word hai que gardalo e envialo posteriormente á aula virtual.

Reducir o tamaño dunha imaxe

No seguinte vídeo se explica como reducir o tamaño dunha imaxe empregando un conversor online.