Saltar navegación

Preguntar unha dúbida

Teño dudas profe, como fago?

É moi posible que no transcurso da avaliación xurdan dúbidas que deban ser resoltas polo profesorado.

A ferramenta que imos a empregar para resolver as dúbidas é o foro de dúbidas do curso no que esteamos.

Se tes unha dúbida sobre a Aula Virtual deberás facela neste curso, no seu foro de dúbidas. Nos foros de dúbidas podedes participar todos, indicando as respostas as dúbidas que vaian xurdindo, axudando aos vosos compañeiros e compañeiras. O profesorado do centro sempre supervisará as preguntas e respostas e realizará as aclaracións oportunas se fose necesario. O profesorado tamén é libre de artellar outras canles de comunicación para a resolución de dúbidas (conferencia webex por exemplo), así que seguide sempre as súas instrucións.

Vídeo: emprego do foro de dúbidas

No seguinte vídeo explícase como formular unha dúbida no foro de dúbidas.