Exemplo de comentario de actualidade - Simone de Beauvoir.
Uno de cada cinco varones de entre 16 y 21 años que viven en España no cree que sea maltrato machista golpear o empujar a su pareja tras una discusión o amenazarla, según una encuesta publicada este lunes 25 de noviembre de 2024, Día Internacional de la Eliminación de la Violencia contra la Mujer […] También los datos de las chicas jóvenes indican una percepción de la violencia de género sensiblemente menor entre ellas que entre la población general.
Así, más mujeres de entre 16 y 21 años que de otras edades no consideran que sea violencia de género obligar a la pareja a mantener relaciones sexuales (8 %), empujar o golpear (9 %), amenazar (9 %), insultar o despreciar (12 %) y controlar la forma de vestir (13 %).
Tampoco, impedir ver a la familia o amistades (14 %), ser menospreciada delante de la familia o los hijos (18 %), controlar el móvil o las redes sociales (23 %), controlar horarios y control económico (27 %) o dificultar trabajar o estudiar (35 %).
DW (25 de novembro de 2024) https://www.dw.com/es/20-de-hombres-j%C3%B3venes-en-espa%C3%B1a-no-cree-que-golpear-o-amenazar-sean-violencia-machista/a-70882922
As novas xeracións están a deixar de considerar certas actitudes contrarias aos dereitos das mulleres como casos de violencia de xénero, isto é o que que podemos concluír a partir dos datos que se recollen nesta noticia do pasado novembro. A que se debe? Podemos afirmar que nas sociedades desenvolvidas as mulleres gozan de máis dereitos e de maior igualdade que no pasado, polo que datos coma estes resultan paradóxicos. Con todo, non debemos esquecer que a violencia de xénero non é máis que a manifestación máis radical e extrema do patriarcado, un sistema e forma de definir o mundo que foi profundamente analizado polo movemento feminista. Entre as súas críticas máis relevantes atopamos a Simone de Beauvoir, cuxo pensamento nos ofrece as ferramentas necesarias para comprender esta cuestión. Para Beauvoir o principal problema atopámolo na propia categoría de muller; as mulleres son definidas polo grupo dominante como o "Outro", é dicir, como algo oposto ao suxeito. O suxeito (o home) é libre e autónomo, pode tomar decisións e ter aspiracións. O "Outro" está subxugado e dominado, impídeselle ter metas e aspiracións (trascender). Á definición de muller asócianse toda unha serie de atributos e prexuízos que a colocan nunha posición de subordinación na sociedade, prexuízos que son, por exemplo, bioloxicistas, ao considerar que as diferencias naturais entre machos e femias da nosa especie xustifican que a muller quede relegada a un rol inferior. A categoría muller é un construto cultural e social que hai que derrubar, dirá Beauvoir, e desta categoría imposta derívanse todos os problemas que as mulleres sofren nunha sociedade patriarcal, entre eles a violencia de xénero. Se a muller se rebela contra quen controla a súa vida (a súa parella, por exemplo), se decide desfrutar libremente da súa sexualidade ou se non tolera insultos ou vexacións chámaselle "esaxerada" ou "dramática", pois entre os comportamentos que se esperan dunha muller están o de tolerar según que actitudes ou comentarios na súa contra. Se isto se perpetúa entre as xeracións non deben estranarnos os datos que atopamos neste artigo, moito menos nunha sociedade na que a través dos medios ou as redes sociais se nos di que o movemento pola liberación da muller que defendía Beauvair "foi demasiado lonxe".
Afortunadamente, Beauvoir tamén nos ofreceu a solución a este problema: o primeiro é decatarse da situación de inferioridade que causa o ser definidas como o "Outro". A partir de aí comeza o traballo para lograr a emancipación no que deben participar todas as mulleres en comunión, seguindo o principio da sororidade.