Exemplo de comentario de actualidade - Locke.
TEMAS POSIBLES: crise na separación de poderes, dereito á rebelión, crise do modelo liberal que impulsa Locke, propiedade privada como dereito natural.
EXEMPLO:
Ten vostede o seu primeiro contrato de prácticas nun periódico. O redactor xefe da sección de internacional, sabedor dos seus coñecementos filosóficos, pásalle a seguinte noticia de actualidade e pídelle que prepare un artigo de opinión para o suplemento dominical. Vostede recorda a filosofía de Locke, a súa concepción do Estado e as súas claves sobre os réximes políticos (liberdade natural, consentimento, sociedade civil, liberalismo, absolutismo) ou algunhas das súas célebres citas: «Anque o estado natural sexa un estado de liberdade, nono é de licenza» ou «Os homes están suxeitos, non aos soberanos, senón á natureza». Relacióneas coa noticia e elabore ese artigo divulgativo co título: «Autoridade e liberdade». Extensión máxima: 20 liñas. (2 puntos)
O fiscal especial refai a súa acusación contra Trump no caso do asalto ao Capitolio.
O fiscal mantén os catro cargos na súa contra, como o de conspiración para obstruír un procedemento oficial, pero perfila algunhas alegacións sobre os seus plans de subversión electoral. A máxima corte estadounidense concedeu ao agora exmandatario unha inmunidade parcial. Concluíu que «un expresidente ten dereito á inmunidade absoluta fronte a un proceso penal por accións dentro da súa autoridade constitucional», pero estableceu que «non hai inmunidade para actos non oficiais». (Adaptado de La Voz de Galicia, 28 agosto 2024)
Donal Trump é, de novo, a cabeza do poder executivo nos EE.UU, o país que aplicou de forma máis clara, a finais do século XVIII a filosofía política de Locke, rebelándose contra un réxime monárquico que non garantía os dereitos dos seus súbditos ao outro lado do Atlántico. Paradóxicamente foi tamén neste país onde presenciamos un ataque contra a sede do poder lexislativo por parte dunhas masas arengadas polo que hoxe volve a ser Presidente.
A cuestión que aquí se nos presenta é se a separación de poderes, clave no modelo liberal de Locke, foi vulnerada, xa que o que nese momento era expresidente da nación é acusado de incitar a asaltar a sede dun poder independente. De ser a sí poderíamos estar fronte a un claro ataque contra o réxime liberal, base das sociedades modernas e teorizado Locke a finais do século XVII. Outra das cuestións que nos podemos facer é sobre a "inmunidade" que se cita na noticia: o Presidente será inmune con respecto aos actos que cometa durante o seu mandato. É isto contradictorio coa filosofía de John Locke? Na súa crítica ao absolutismo o inglés defendeu o dereito de rebelión lexítima contra o gobernante que vulnere os dereitos naturais dos cidadáns e que non respecte a separación de poderes, se o gobernante é inmune podería abrirse a porta a que este non respecte aos demáis poderes do Estado.
Locke ensínanos que "os homes están suxeitos non aos soberanos, senón á natureza", é dicir, que a defensa dos seus dereitos naturais (seguridade, propiedade privada, etc.) é máis importante que a defensa de quen está á cabeza do goberno. Este último debe rendir contas ante un parlamento, ante os representantes que elaboran as leis e, de non ser así, non pode ser considerado un líder lexítimo. A pregunta é: é este o caso de Donal Trump?