Ir ao contido principal
AV
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)

HISTORIA DA FILOSOFÍA 2º(A)

  1. Taboleiro
  2. Cursos
  3. Bacharelato (Adultos)
  4. Segundo Curso
  5. HFIBA2
  6. Tema 8. O empirismo de Locke e Hume.
  7. Modelo de comentario. John Locke.

Modelo de comentario. John Locke.

Requisitos do completado

John Locke foi un pensador inglés do século XVII considerado como o pai do empirismo moderno, o cal nace como reacción ao racionalismo cartesiano, e do liberalismo clásico, corrente centrada na defensa dos dereitos individuais. Nacido en 1632 estudou medicina pero pasaría á posteridade polas súas obras sobre epistemoloxía e filosofía política. A Inglaterra do século XVII caracterizábase por estar inmersa nun intenso conflito entre monárquicos e parlamentarios no que Locke tomaría partido a favor destes últimos erixíndose como un dos grandes críticos do absolutismo. Isto, xunto a outras tensións por motivos relixiosos, desembocou en varias guerras civís que non concluirían ata finais de século. Neste contexto John Locke elabora a súa filosofía consolidándose como un dos máximos representantes do contractualismo e chegando a influír de xeito moi relevante nos posteriores pensadores ilustrados.

O fragmento a comentar, pertencente a súa obra "Ensayo sobre el gobierno civil", recolle cales son as as principais características do chamado estado de natureza. Igual que outros contractualistas como Hobbes ou Rousseau, Locke considera que o contrato ou pacto que da orixe ao estado permite ao home abandonar un estado de natureza previo no que non existen as leis ou institucións propias dunha sociedade política. Con todo, en dito estado de natureza os seres humanos temos unha serie de dereitos considerados inalienables, é dicir, que non se nos poden arrebatar, entre os que atopamos, tal e como se cita no texto, á "vida, salud, libertad o posesiones". Outros autores como Thomas Hobbes definiron a este estado de natureza como un estado de guerra de todos contra todos dada a natureza malvada do ser humano (o home é un lobo para o home), o que o levaría a xustificar un réxime de corte absolutista no que deberíamos ceder a nosa liberdade a un soberano único a cambio de seguridade. Isto será criticado por Locke pois, para el, no propio estado de natureza xa existen certas limitacións. Para Locke todos os homes ao ser creados son dotados de razón, o que lles impide, pese a liberdade existente no estado de natureza, destruírse a si mesmos: "esa libertad no le confiere derecho de destruirse a sí mismo". A razón fainos ser conscientes da lei natural que nos obriga a nosa conservación e a dos nosos semellantes os cales son "iguales e independientes" e cuxos dereitos deben ser respectados. 

Deste xeito Locke defende os principios básicos do iusnaturalismo, corrente xurídica que considera a existencia duns dereitos naturais para todo ser humano antes incluso de que este pertenza a unha comunidade política. Así, a razón, que nos fai vernos como iguais, móvenos non só a loitar pola nosa autoconservación e os nosos dereitos, senón tamén pola conservación e os dereitos do resto de seres humanos: "a no quitarles la vida, a no dañar ésta, ni todo cuanto tiende a la conservación de la vida, de la libertad, de la salud, de los miembros o de los bienes de otro".

Con todo Locke sinalou na súa obra os conflitos que podían ter lugar no estado de natureza pois ante un conflito entre dous individuos estes convertíanse en xuíz e parte. Ademais, os dereitos naturais non estaban garantidos, pois podían ser facilmente vulnerados. Fronte a isto faise necesario un pacto, un contrato que faga que os homes abandonen o estado de natureza e accedan a ceder parte da súa liberdade, como á hora de castigar a alguén que cometeu unha afrenta contra eles, a cambio de que os seus dereitos sexan asegurados. Para isto débense elixir a uns representantes que elaboren unhas leis para rexer a vida en común e a uns maxistrados que as interpreten para dirimir posibles conflitos dun xeito obxectivo. Aquí atopamos, precismente, o nacemento do estado político, mais non dun estado absolutista como o de Hobbes, senón dun estado con separación de poderes para garantir o respecto dos dereitos dos seus membros. Locke convértese así no pai do liberalismo clásico, pois considera que o estado nace co obxectivo de protexer a esfera privada dos cidadáns formada por dereitos como o dereito á vida ou á propiedade privada. Este último será especialmente importante xa que, para Locke, o dereito a apropiarse de algo dado en común a todos os seres humanos a partir do traballo e convertilo así en propiedade privada é un dereito natural inalienable que o estado, coas súas leis e institucións debe protexer.

Como defensor dun modelo no que ten que imperar a separación de poderes Locke distinguiría entre o poder lexislativo, executivo e fererativo. O poder lexislativo é o encargado de elaborar as leis que rexerán a vida en comunidade e recae no parlamento; o poder executivo e o que leva estas leis á práctica e recae no goberno encabezado polo rei; o poder federativo ocúpase da diplomacia e das relacións con outros estados (será Montesquieu quen afiance a idea dun poder xudicial independente, fundamental no desenvolvemento das democracias modernas ata os nosos días).

John Locke postula un estado previo á sociedade política no que os seres humanos teñen dereitos polo mero feito de ser humanos. O papel do estado debe ser protexer ditos dereitos, entre os que destaca especialmente o dereito á propiedade privada. Para isto debe ter unha forma de goberno no que os distintos poderes non sexan detentados por un mismo individuo, o que nos levaría a un réxime tiránico contra o que, segundo Locke, sería lexítimo rebelarnos. A obra de Locke serviu de influencia para os ilustrados franceses e norteamericanos que defenderon, precisamente, unhas institucións que garantisen os dereitos dos cidadáns, demanda que os levou a erixirse contra a tiranía nas revolucións Norteamericana e Francesa a finais do século XVIII, revolucións que materializaron o pensamento ilustrado (e as ideas de Locke) e asentaron os alicerces das sociedades democráticas da actualidade.

◄ Esquemas textos Locke ABAU
Esquema pregunta Locke ►

Bloques

Omitir Navegación

Navegación

  • Taboleiro

    • Inicio do sitio

    • Páxinas do sitio

      • Os meus cursos

      • Etiquetas

      • ForoNoticias do sitio

    • Os meus cursos

    • Cursos

      • Bacharelato (Adultos)

        • Primeiro Curso

        • Segundo Curso

          • LLG 2º BACH (A) 25-26

          • EDMN 2º BACH (A) 25-26

          • Mat. CC.SS II | 2º Bach AD | 25-26

          • PSI 2º BACH (A) 25-26

          • HFIL 2º BACH (A) 25-26

          • LAT II 2º BACH (A) 25-26

          • FIS 2ºBACH (A) 25-26

          • QUI 2ºBACH (A) 25-26

          • MAT II | 2º BACH AD | 25-26

          • LG 2º BACH AD 24-25

          • HISTO_FILOSOFÍA

          • HFIBA2

            • Xeral

            • Información xeral sobre a materia.

            • Tema 1. Os berces da filosofía. O pensamento preso...

            • Tema 2. A filosofía de Aristóteles.

            • Tema 3. A ciencia e filosofía do Helenismo.

            • Tema 4. A filosofía medieval: Agostiño de Hipona e...

            • Tema 5. O nominalismo de Guillerme de Ockham e a c...

            • Tema 6. Os berces da Modernidade: método, revoluci...

            • Tema 7. O racionalismo de Descartes.

            • Tema 8. O empirismo de Locke e Hume.

              • URLContexto Locke

              • CartafolTema 8. Parte I. A filosofía política de John Locke.

              • URLVídeo resumo Locke

              • FicheiroEsquemas textos Locke ABAU

              • CartafolModelo de comentario. John Locke.

              • CartafolEsquema pregunta Locke

              • CartafolExemplo de texto de actualidade. Locke.

              • URLContexto Hume.

              • CartafolTema 8. Hume.

              • URLVídeo resumo de Hume

              • CartafolModelo de comentario. David Hume.

              • CartafolEsquema Texto II. Hume.

              • CartafolEsquema pregunta Hume.

              • CartafolGlosario Hume.

              • CartafolAutores relacionados

              • CartafolEsquemas clases repaso

              • CartafolExemplo de comentario de actualidade - Locke.

            • Tema 9. O pensamento da Ilustración.

            • Tema 10. O idealismo transcendental de Immanuel Kant.

            • Tema 11. Alienación e ideoloxía na filosofía de Ka...

            • Tema 12. Nietzsche e a crítica á cultura occidental.

            • Tema 13. Hannah Arendt: a condición humana e a crí...

            • Tema 14. O desenvolvemento contemporáneo do femini...

            • Tema 15. A filosofía española do século XX: Ortega...

      • Educación Secundaria Obligatoria

      • Educación Secundaria (Adultos)

      • Ciclos Formativos FP

      • Bacharelato

      • IES As Mariñas

      • Familias

      • TEMPORAL

Supplementary blocks

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
HFIBA2
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a aplicación móbil