Autores relacionados
Requisitos do completado
Locke:
- Anteriores:
- Hobbes, cuxa defensa dun modelo absolutista derivado do contrato social para escapar do estado de natureza será criticado por Locke.
- A influencia das Revolucións Inglesas (a partir da década dos 40 do século XVII) que enfrontaron a absolutistas e a parlamentaristas.
- Posteriores:
- Montesquieu: considerará ao poder xudicial como un poder independente, establecendo o modelo de democracias liberais modernas.
- Rousseau: a súa defensa dunha democracia representativa será unha nova versión do contractualismo moderno (fronte a Hobbes e Locke)
- Revolucións Ilustradas: Norteamericana e Francesa, como exemplo de rebelión lexítima contra o absolutismo.
Hume:
- Anteriores:
- Aristóteles, un dos primeiros en darlle valor aos sentidos no proceso de coñecemento (con eles comeza o proceso de abstracción)
- Ockham, o primeiro gran crítico da tradición filosófica, ao separar razón e fe e considerar que a razón debe centrarse en aquilo que é observable.
- Locke: pai do empirismo moderno e crítico co racionalismo, ideas innatas, etc.
- Posteriores:
- Kant, que elaborará unha síntese de racionalismo e empirismo que dará lugar ao seu idealismo trascendental.