Esquema texto 2. Beauvoir.
- Contexto: biografía, obras e influencias (marxismo, psicanálise, EXISTENCIALISMO - Heidegger / Sartre)
- Tese: "Non se nace muller, chégase a selo". Non existen elementos biolóxicos, innatos, que condicionen a definición de muller, a cal é un constructo que se impón e condiciona a posición da muller na sociedade.
- A muller definida como Alteridade, non como suxeito. Prexuízos que condicionan a categoría de muller, negándoselle a liberdade e autonomía: idealista, nominalista, NATURALISTA (a que aparece máis frecuentemente no texto) Buscar exemplos no texto: ao final, o exemplo que pon Beauvoir dos nenos e nenas, cuxas peculiaridades biolóxicas non os diferencia social, culturalmente... Esas diferencias son artificiais.
- Solución para a situación de subordinación e inferioridade da muller: 1) Recoñecer a Alteridade 2) Situarse e recoñecer os problemas que xorden da categoría de muller 3) Recoñecerse como ser-para-si.
- A necesidade da sororidade para a liberación da muller-
- Conclusión: a actualidade do pensamento de Beauvoir. Influencia do seu pensamento no desenvolvemento da Segunda Onda do Feminismo, centrada na liberación da muller, na súa emancipación como suxeito libre. Verdadeiramente a súa obra "O Segundo Sexo" serve de ponde entre o feminismo ilustrado da Primeira Onda e as perspectivas máis contemporáneas. Influiu en autoras contemporáneas como Judith Butler, autora do "Xénero en disputa" e principal referente intelectual da chamada Teoría Queer.