Exemplo de texto de actualidade. Locke.
Ten vostede o seu primeiro contrato de prácticas nun periódico. O redactor xefe da sección de internacional, sabedor dos seus coñecementos filosóficos, pásalle a seguinte noticia de actualidade e pídelle que prepare un artigo de opinión para o suplemento dominical. Vostede recorda a filosofía de Locke, a súa concepción do Estado e as súas claves sobre os réximes políticos (liberdade natural, consentimento, sociedade civil, liberalismo, absolutismo) o algunhas das súas célebres citas: «Aínda que que o estado natural sexa un estado de liberdade, no o é de licenza» ou «Os homes están suxeitos, non aos soberanos, senón á natureza». Relacióneas coa noticia e elabore ese artigo divulgativo co título: «Autoridade e liberdade». Extensión máxima: 20 liñas.
O fiscal especial refai a súa acusación contra Trump no caso do asalto ao Capitolio. O fiscal mantén os catro cargos na súa contra, como o de conspiración para obstruír un procedemento oficial, pero perfila algunhas alegacións sobre os seus plans de subversión electoral. A máxima corte estadounidense concedeu ao agora exmandatario unha inmunidade parcial. Concluíu que «un expresidente ten dereito á inmunidade absoluta fronte a un proceso penal por accións dentro da súa autoridade constitucional», pero estableceu que «non hai inmunidade para actos non oficiais». (Adaptado de La Voz de Galicia, 28 agosto 2024)