Esquema Texto II. Hume.
Requisitos do completado
- Contexto
- Principios básicos do empirismo: todo o coñecemento procede da experiencia, todos os contidos da nosa mente proceden da experiencia, polo que non hai ideas innatas (preexistentes)
- Percepcións (contidos da mente) Hume divídeas en impresións e ideas, sendo as primeiras máis vivaces que as segundas (as ideas son copias das impresións) As impresións poden ser de sensación ou reflexión. Impresións e ideas poden ser simples e complexas.
- PARA QUE UNHA IDEA SEXA SIGNIFICATIVA DEBE PROCEDER DUNHA IMPRESIÓN, DUNHA EXPERIENCIA.
- As ideas complexas fórmanse por asociación de ideas simples: mazá é unha idea complexa formada por ideas simples como vermello, etc. Estas asócianse a través das leis de asociación: contigüidade, semellanza e causa-efecto.
- TESE: CRÍTICA Á IDEA DE SUBSTANCIA, clave na crítica á metafísica que fai Hume. Nos non temos impresión dunha substancia, dunha cousa como "ouro", esta idea é froito da "xuntar" moitas ideas simples que si proceden doutras impresións simples: cor, forma, etc. Polo que a idea "substancia" non é significativa, é dicir, non é parte do noso coñecemento.
- Crítica as tres substancias de Descartes: xa fixemos a crítica á substancia extensa. O mesmo esquema serve para a crítica ao eu (alma/mente) e a substancia infinita: non teño unha impresión das mesmas.