Tarefa


A tarefa consitirá en elaborar un plano orixinal, feito a man e despois escaneado, dunha domus como as que facían en Roma, acompañado dunha descripción das diferentes estancias e a súa utilidade así como dunha descripción do mobiliario característico de cada habitáculo. Non se trata de copiar directamente un plano, senón de "personalizar a vosa vivenda ao voso gusto".

Este traballo presentaráse preferentemente en formato libreoffice-impress, aínda que se admite calquera outro programa deste estilo; esta presentación será exposta na aula polo grupo. Cada un dos membros falará sobre aquel aspecto concreto sobre o que traballou. A exposición poderá ir acompañada doutros documentos que amplíen a información presentada, poden ser libros, enlaces web ou documentos en formato PDF.

O tempo necesario para levar a cabo o traballo é de 6 sesións. Duás adicarédelas a buscar, catalogar e preparar a información que empregaredes, as tres seguintes son para a elaboración dos contidos (creación da presentación en sí) e a última queda reservada para a exposición na aula.