Introducción

 

 

 

As casas dos romanos

Imos  facer unha viaxe na nosa máquina do tempo.

Imaxinade que formamos parte dunha familia galega de clase alta, a que lle gosta viaxar. Nunha destas viaxes o seu jet privado entrou nunha zoa de turbulencias moi estranas que fixeron que o avión quedase sen control. De xeito repentino empezaron a ocorrer cousas raras dentro de aparato, deixaron de funcionar todos os controles de navegación, como se se volveran tolos, os interruptores botaban chispas e semellaba que unha forza moi potente nos arrastraba hacia algún lado. Neste momento perdemos o sentido e non sabemos qué  puido suceder. 

Cando despertamos estabamos no medio dun prado, algo mareados e sen saber qué facer nin para onde tirar. Botamos a andar e despois dun anaco chegamos a unha pequena poboación onde a xente nos miraba dun xeito raro... O certo é que os raros eran eles porque iban todos vestidos con túnicas brancas e ata os pés (unha cousa parecida aos curas na iglesia), aínda que tamén había xente vestida con túnicas máis cortas. Conseguimos falar con eles e descubrimos que estábamos  en Pompeia, no ano I da nosa era. O impacto foi "soberano"!!

Pasado un tempo, xa todos tiñamos asumida a nosa situación e dispuxémonos a empezar unha nova vida. Meu pai, como bon político, enseguidda trabou relacións cos persoaxes máis influíntes daquela sociedade e en pouco tempo convirtéuse nun romano "respetable" e, gracias ao seu traballo e as súas relacións , incluso comprou un terreo. Agora meu pai quere facer una casa, unha "boa casa" nese terreo e , como nós somo estudiantes de ESO, e temos formación sobre a vida dos romanos, decidimos botarlle unha man par facer unha casa "a última moda da época".

Para que a obra chegue a bon fin, teremos que reunir información e investigar cómo son as casas nesta época, qué forma teñen, cómo son as ventanas, as portas, as distintas estancias, como por exemplo as habitacións, a cociña, sala de estar e o resto de espacios e cómo é o  mobiliario, temos que pensar se vai ter piscina, xardín e outros pormenores.

Atrevedesvos a iniciar esta aventura?

Imos aló!!!