Proceso

Vamos repartir o traballo. En primeiro lugar, faredes dous grupos de 2 persoas cada un. Un grupo (o dos arquitectos) vaise encargar do diseño da casa propiamente dito e da distribución e ubicación das diferentes estancias e o outro encargarase de amoblalo todo (este será o grupo dos decoradores).

O grupo dos arquitectos terá que buscar, enpregando os recurso que aparecen na seguinte nun primeiro momento información sobre o aspecto externo e a distribución interna dunha "domus" romana para despois poñerse mans a obra: terán que facer despois un deseño orixinal da súa casa, inspirándose noutros modelos xa existentes. Este diseño terá que elaborarse a man, empregando lápiz, bolígrafo, rotulador, regla, así como lápices de color  ou ceras para resaltar as distintas partes da casa. Debedes especificar nun documento aparte, numerando cada zona no plano, qué é cada elemento que decidades incluir no voso deseño e cal será a súa utilidade. Un membro deste grupo será o encargado  crear o documento impress e de escanear e de incluir o deseño na presentación, o outro fará a portada, onde se incluirá unha imaxe alusiva á unha domus así como o nome de tódolos participantes, tamén se encargará da documentación complementaria (elaboración do PDF).

O grupo dos decoradores teredes que buscar nun primeiro momento información relativa ao mobiliario típico dunha domus, a súa utilidade e a súa ubicación, debedes incluir os instrumentos da cociña e a vaixela. Para esto empregaredes os recursos que se proporcionan máis adiante.

A continuación tedes que decidir cómo amoblaredes a casa: cantas camas necesitades, cantas literas, que elementos haberá na cociña, no comedor, no despacho, etc. Tamén podedes decorar as paredes con algún mural ou  algún mosaico no chan ou no fondo da piscina, así como alguha estatua dun deus, non vos olvidedes de incluir o altar coas imaxes dos deuses protectores da familia e coas imaxes dos antepasados. De igual xeito que os do utro grupo, tedes que identificar con números tódolos elementos que decidades incluir e logo reseñalos nun documento aparte.

Un membro deste grupo encargaráse de incluir as diapositivas necesarias para esta parte da presentación e o outro será o responsable da documentación complentaria (elaborción do PDF).

O número mínimo de diapositivas que terá a presentación é de 8.