Anuncios

Semana de portas abertas na Universidade de Vigo

Semana de portas abertas na Universidade de Vigo

por Rexina Ortigueira Lestón -
Número de respostas: 0

A vindeira semana, entre o 20 e o 23 de abril  terá lugar a Semana de Portas Abertas Virtual na Universidade de Vigo. Serán 4 días durante os que vos darán a coñecer os graos que conforman a oferta académica da Universidade de Vigo e resolverán dúbidas concretas que poidan xurdir durante as presentacións. Será profesorado das diferentes titulacións quen fará as exposicións e atenderá as vosas cuestións para contribuír a definir o voso futuro académico segundo os seguintes itinerarios académicos:

  • Luns 20: Artes e Humanidades + Educación
  • Martes 21: Xurídico-Social
  • Mércores 22: Ciencias e Ciencias da Saúde
  • Xoves 23: Enxeñarías

 Para participar nesta actividade só é necesario premer nas ligazóns “Campus Remoto” indicadas para cada facultade/escola no programa publicado na web e escribir un nome identificativo no apartado de “Acceso estudantado” unha vez teñades accedido á sala virtual correspondente. 

Un saúdo.